REPARTIRONSE 150 INVITACIÓNS NAS ASOCIACIÓNS DE XUBILADOS DE CAMBADOS.
Un dos nosos habituais fidedignos informadores fainos
chegar a presente información. Como todos sabedes cada vez que hai un magno evento dalgún partido político na comarca e ven algún lider nacional como era o caso de Feijoo en Vilanova, cada concello (mellor habería que dicir cada delegación local, pero neste caso en Cambados, practicamente é o mesmo) ten que aportar un número de asistentes o acto en cuestión. Neste caso o PP de Cambados tiña que aportar 150 comensais a cea do sábado pasado en Vilanova de Arousa. E que fixeron os dirixentes cambadeses , pois o de case sempre: repartir presuntamente 150 invitacións gratuítas entre os xubilados da Merced e os Xubilados da Casa do Mar. Como sabedes en Cambados temos dúas asociacións de xubilados por excisión dunha deles para iso sí, as dúas son pro-peperas. Incluso houbo algún gorrón do concello veciño que sabendo de en Cambados eran gratis retirou a invitación na nosa vila. A nosa pregunta é obvia, quen pagou todas esas invitacións?. O concello de Cambados?, o PP de Cambados? ou o Maestro Armero. Si esta pregunta se fixera nun pleno do concello o noso alcalde Luís Aragunde contestaría que a pagaron unha asociación que sae está a crear en Cambados da Defensa da Gaivota, ou algo similar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario