16 de dec. de 2013

EXPOSICIÓN DE LUXO NO "BAR DE LUPE"

UXIO LOPEZ, JUAN MORENO BADIA E MANOLO CHAZO FORMAN O MAGNO CARTEL DESTA EXPOSICIÓN.
Sustituindo a exposición actual de Lino Silva que poderemos ver no  famoso xa “Bar de Lupe”, a partir do 20 de decembro, data da inauguración, e ate o 20 de xaneiro, unha magna exposición de autores consagrados como son Uxio López, Juan Moreno Badia e Manolo Chazo, tres homes "bregados" no mundo da arte. O “Bar de Lupe” está na rúa Isabel II de Cambados, e como comisario da exposición estará o incombustible Falúa. 
UXÍO LÓPEZ SEGUNDO UXÍO LÓPEZ
Nacín en Irún (Gipuzkoa) en 1958 e coido que xa nacín
pintor. É a gran paixón da miña vida. Fillo de pais galegos, retornei á terra aos catro anos e recalei en Trabanca Badiña, un recuncho de Vilagarcía de Arousa, no que medrei. Tamén medraron as miñas inquedanzas, especialmente as artísticas, que me levaron xa dende moi novo a participar dun modo activo na efervescente vida
cultural das terras do Salnés, sen desperdiciar nunca a ocasión de compartir experiencias noutros lugares. 
Non resulta doado falar da propia obra. Eu prefiro, sinxelamente, amosala e que cada quen atope as súas interpretacións, as súas suxerencias e, sobre todo, as súas emocións. Que ao mellor non ten nada que ver con aquelas que eu sentín no estudio mentres concibía o cadro. En calquera caso, si que hai no meu traballo unha serie de constantes que me foron identificando ao longo de todo este tempo. Unha delas, a utilización de pigmentos, que proveñen do mundo do aluminio, co que eu manteño unha vinculación profesional.Este tipo de elementos, aplicado aos variados
soportes que utilizo (lenzo, papel, madeira ou o propio alumino, etcétera permítenme a creación dunhas texturas moi especiais. 
Para a súa aplicación utilizo utensilios de calqueira tipo, dende os clásicos pinceis ata trapos, escobas, fregonas e, como non, as mans e incluso os pés. Non teño reparo en iso. Outra característica do meu traballo é a xestualidade. O meu non é o trazo fino. Ao contrario, gústame deixar sobre a obra a incontible pegada do meu xesto. Deixando sempre un amplo espazo ao azar, ao erro, á evolución incontrolable dos materiais sobre o cadro. E, por último, teño que falar da música. En máis dunha ocasión teño dito que non sería capaz de pintar en silencio. Sen música. O primeiro que fago, antes de coller os pinceis, é prender o equipo de son. E alí, na soidade do estudio, acompáñame Van Morrison, “behind the ritual”.  Mais información sobre Uxio en http://uxiolopez.com/
JUAN MORENO BADIA
Naceu en 1945 en  Vilaxoan e vive en Brion ,foi aparellador municipal de Brion hasta que se xubilou ,non ganou  "perra" chica mentres estibo de aparellador en Brión ,non quixo participar na movida especulativa , (palabras de Beiras nunha cea cando se xubilou)
Desde 1968, dedicación profesional á pintura artística, con
exposicións individuais en: Madrid, Cuenca, Ibiza, Ourense, Vilagarcía, Zarza de Granadilla, Brión, Pedras Negras, Durango, Nova York e Paris no salón "Art-Shoping" que tivo no Carrousel du Louvre (2009). 
Aparellador 
No seu faceta como aparellador desenvolveu multitude de proxectos como: 
A restauración da Capela de San Isidro, Madrid (Premios Europa Nostra 1991 e Concello de Madrid 1990) , restauración das Murallas de Melilla, Paseo Marítimo do Molinar en Palma de Mallorca., Palacio Provincial de Feiras, Exposicións Comerciais e Convencións de Xerez da Fronteira, Cádiz (Premio nacional de obra de
fábrica de ladrillo 1988-1991) , o Club náutico de Sanxenxo ou a Fundación Torrente Ballester en Santiago de Compostela entre outros 
Mais información sobre Juan Moreno Badia en http://www.juanmorenobadia.daportfolio.com/
MANOLO CHAZO
Manolo Chazo nace en (Vilaboa, Sobradelo)en 1957. Poeta ("Os vértices do silencio) e escultor autodidacta, Chazo participou en numerosos actos culturais e sociais. Trasládase a Barcelona en 1977, onde vive ata o seu traslado definitivo a Carril, Pontevedra. 
Influído por escultores como Manolo Paz e Francisco Leiro,
dedícase de forma especial á escultura, realizando varias esculturas de carácter público. 
Manolo Chazo inventa formas e fai poesía co ferro e a madeira nunha bonita leira que ten en Carril
(Vilagarcía), con vistas a ría. O xardín, magnificamente coidado, é en si mesmo unha gran sala de arte ao aire libre. Pero Chazo quixo achegar o seu particular universo creativo ao público, e creou The Xalda Art Gallery, quizais a primeira galería de autor aberta como tal na comarca do Salnés. 
Manolo Chazo é un dos artistas arousáns máis coñecidos. Seus son tres dos principais monumentos públicos da comarca, como a “Porta dá Luz Salgada", unha xigantesca
instalación metálica que se converteu nun dos emblemas de Vilagarcía; as "Rosas rotas", unha poética homenaxe ás vítimas do franquismo, tamén en Vilagarcía; ou o "Faro dás Lúas", que os días de sol resplandece no val do Salnés desde a súa privilexiada atalaia do monte Lobeira. Un instituto de Vilanova lle colleu prestado o nome. 
Expulsado da ANPG (ASEMBLEA NACIONAL POPULAR GALEGA predecesora do BNG) no 82 aínda conserva a carta de expulsión . Pasou mais tempo en Cambados que en Vilagarcía na súa xuventude.Gran amigo de Francisco Leiro.
Mais información sobre Manolo en http://www.esculturaurbana.com/paginas/cham.htm

Ningún comentario: