16 de dec. de 2013

BATERIA DE PREGUNTAS DO PSOE PARA O VINDEIRO PLENO

ESTE BLOG ESTA EN DISPOSICIÓN DE DAR AS POSIBLES RESPOSTAS  DE “PINOCHO ARAGUNDE”
O vindeiro xoves 19 de Decembro celebrase no Salón de
plenos do Concello de Cambados o derradeiro pleno do ano e o PSOE non quere  deixar pasar a ocasión para facer unha serie de preguntas que grazas aos blogs cambadeses saen a luz pública e obligan
en parte o inepto de Aragunde e os seus asesores as esforzarse un pouco mais a hora de contestar, ademais agora  “Pinocho Aragunde”, nun xesto
de prepotencia e chuleria ate se permite o luxo de mofarse da oposición o moi maleducado que temos como Alcalde. Este blog como se sabemos que Pinocho Aragunde e un tipo moi previsible está en disposición de darlle xa as respostas ao PSOE e que recollemos o remate do
artigo. Estas son as preguntas do PSOE: 
1.- En canto ó Proxecto de lei de racionalización e sostenibilidade da Administración local, que vai cortar a autonomía municipal e reforzar ás Deputacións, naqueles Concellos de
menos de 20.000 habitantes, e que vai a afectar ó 95% dos Concellos de España, entre eles o noso, cal é a postura do noso Alcalde, xa que hai moitos Alcaldes de Galicia, tamén do Partido popular, entre eles o seu representante, o Presidente da FEGAMP e Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, que
están abertamente en contra deste vacío de competencias sobre todo en canto a servicios sociales? Está o noso Concello entre os que apoian este proxecto de Lei ou entre os que están en contra? Pode, por favor, explicar a súa resposta sexa ésta afirmativa ou negativa?
2.- Vostede di textualmente nunha entrevista moi recente na Cadena Ser: “ É o momento dos servicios sociais” . Se este momento é tan importante para os servicios sociais, como se explica que Cambados estivese sen asistenta social e que os veciños tivesen que desplazarse,  só para casos de extrema urxencia, a outros Concellos como Vilanova ou Ribadumia? Que pasa se non se poden desplazar a
estes Concellos e a axuda requerida tiña que ser inmediata? Había algún mecanismo para resolver esta situación?
3.- Segundo vemos na prensa, Protección Civil de Cambados  non recibe nada na partida da Consellería, destinada para este cometido para os municipios de menos de 55.000 habitantes. Todos os Concellos do
noso entorno percibiron axuda, a qué se debe esta marxinación de Cambados?  Fixo o vai facer algo o Concello de Cambados para impedir  que Protección Civil de Cambados non perciba nin un só euro da Xunta para este ano e que non se cometa esta inxustiza? Pode, por favor, razoar a resposta?
4.- Os veciños da zona das Laxes, estaban molestos pola falta de alumbrado, xa está solventado o problema de alumeado nesa zona? 
Pode, por favor, explicar a que se debeu esta falta de luz, así como a que se produciu durante o mes pasado en multitude de zonas de Cambados?
5.- O Concello anuncia en varias entrevistas a nova Plaza de Abastos. O proxecto xa está presentado? Onde se van a ubicar os comerciantes mentres se realizan as obras? Xa se lles comunicou ós interesados?
6.- Voltará a ser cambados candidata á Cidade Europea do
Viño 2017? Temos algún proxecto? Canto nos vai custar ós cambadeses? Cree que se fixo todo o que se podía? De verdade pensa que tivemos a repercusión que deberíamos ter tido?
7.- Este Concello defende ó Albariño aló por onde vai, e niso estamos de acordo. Para cando a mesma defensa dos viticultores que ven degradado o prezo da uva sen que desde este Concello se mova ningún fío para mellorar as súas condicións? Non se reúne coas asociacións de viticultores para escoitar as súas queixas? Vai intentar axudalos dalgunha maneira? Cómo ten pensado facelo?
8.- Presentada polo Psoe no ano 2010 unha proposta de arranxo do Cuartel da Garda Civil de Cambados, este Concello presentou a documentación con retraso e polo tanto foi rexeitada. Esta semana presentouse unha enmenda por parte do Psoe ós Presupostos Xerais do Estado para volver a solicitar novamente o arranxo do Cuartel, debido á situación ruinosa na que se encontra. Os senadores do Partido popular, votaron en contra deste arranxo, inclusive os senadores galegos, cal é o motivo polo que o Partido popular está en contra de arranxar o Cuartel da Garda Civil? 
Se a resposta vai ser, non hai ningún motivo, por favor, explique a que se debe entón a forma de actuar nas dúas ocasións presentadas por parte do Psoe para facer o arranxo.
PROBABLES RESPOSTAS DE LUIS ARAGUNDE: 
1ª.-  A postura é sentado. Sisi, estamos. Podo, pero non quero.
2ª.- Os veciños desplazanse por vontade propia. Se non se poden desplazar non van. Si , un coche.
3ª.- A marxinación é culpa do bipartito. Fixemos. Podo.
4ª.- Ao concello non se veu queixar ningén. A que estaban os interruptores baixados.
5ª.- Nun lugar adecuado. Comunicareselle en breve.
6ª.- Si. Nada. Si. Si.
7ª.- Este concello sempre defendeu os viticultores. Si, pero non tñen ningunha. Si. Axudandos.
8ª.- O PP non está en contra de arranxar o cuartel. O estado de ánimo.
Candos saibamos a respostas,xa veredes como non nos imos equivocar en ningunha.

Ningún comentario: