16 de dec. de 2013

RUGBY SOLIDARIO EN VILAGARCIA

OS EQUIPOS FEMININO E MASCULINO POSARÁN ESPIDOS PARA RECADAR ALIMENTOS
O rugby tamén se suma a esta  solidaria labor de recadar
alimentos para os mais necesitados, para elo teñen previsto varios actos. O día 21 de decembro as 15.30 horas  o equipo feminino enfrontarase na sexta xornada de Liga de Rugby feminino a Blusens Universidade de Vigo e mais tarde as 17 horas “Os Ingleses” da primeira división de Rugby masculino enfrontaranse na disputa da sétima xornada  o Zalaeta de Arteixo. No mesmo campo “Os ingleses” disporán dun punto de recollida onde os
xogadores e os siareiros poderán deixar as súas doazóns de alimentos, preferentemente Leite, Cacao, Azucre, Galletas, Zume e Cereais. Todos os alimentos que se recaden serán entregados a Asociación “Amigos de Galicia”. 
Os ingleses tamén porán a venda un almanaque de espidos, equipos feminino e masculino a favor da devandita fundación “Amigos de Galicia”, ao módico prezo de 8 €.
Temos moitas ganas de ver os cambadeses que militan neste equipo espidos.
David Losada Frieiro   fainos chegar a seguinte aclaración:
https://mail.google.com/mail/u/0/images/cleardot.gif
“Respecto da noticia publicada o calendario e paea recaudar fondos para o club, o que son e un euro por cada calendario vendido para amigos de Galicia. Rogo rectificación para evitar malos entendidos.”

Ningún comentario: