16 de dec. de 2013

XAQUIN XESTEIRA RESALTA NO SEU FACEBOOK A LINGUAXE CRITICA DE SUSANA SEIVANE DO VENRES EN LUAR

NO PROGRAMA DO VENRES PASADO NO LUAR UN CONCURSANTE PRESENTOUSE CUNHA GAITA SEMI ESCOCESA
UN INVENTO DE FOXO QUE FIXO MOITO DANO A GAITA GALEGA, SOBRE TODO EN OURENSE.
O mestre Xaquín Xesteira no se facebook sacou unha nota
na que textualmente di: “Acabo de ver na internet o que pasou no programa de onte de Luar e quérolle dar as grazas publicamente a Susana Seivane por dicir a verdade do invento que se fixo hai 23-24 anos dende a Deputación de Ourense, desvirtuando o símbolo máis senlleiro da nosa
música, a gaita; educando ás novas xeracións ourensáns nunha mentira baseada simplemente en especulacións. 
Os que amamos e vivimos o noso instrumento como parte da nosa vida e do noso futuro como cultura propia, dámosche as grazas. MOITAS GRAZAS, SUSANA.”
Xaquín seguía a dicir no seu facebook “o que non se debe é converter unha excepción nunha regra,
sobre todo orientado dende unha institución pública como é a Deputación de Ourense e en momentos tamén apoiados pola Xunta de Galicia, que os fondos desas institucións destinados á cultura vaian para promover e impulsar unha xustificación, entre outras cousas, para uniformar a homes e mulleres igual (estou falando de principios dos anos noventa, xa que agora xa cambiaron a vestimenta da Real Banda) e para dicir que a nosa gaita está mal distribuída; ou tamén pensar que somos inferiores que outros países simplemente pola aparencia... etc”
Susana criticara con moita educación pero o mesmo tempo con moita firmeza as gaitas semi escocesa de Foxo, un enchufado de Baltar que cos cartos dos galegos facía gaitas e tambores escocesas con grave dano para nosa gaita tradicional, Susana chegouno a tachar de invento dunha persoa (referíndose a Foxo) que non se semella para nada a gaita galega mais ben a gaita escocesa e que lle facía moito dano a nosa gaita. Susana definiu a gaita como marcial ou marcian.
Cristián Silva, xurado tamén no concurso de gaitas de Luar, e moi coñecido en Cambados e na zona por ser un excelente gaiteiro e mellor percusionista, e ademais mestre de Volandeira , foi moito mais critico que Susana Seivane e directamente doulle un rolo de papel hixiénico o mozo que trouxo a gaita marcial ou imitación de escocesa e ademais
díxolle si xa tiñas problemas  o dia pasado para afinar cun ronco como te atreves a vir cunha gaita con tres roncos (un cacho largo botaba o rapaz para afinar). Este blog está totalmente conforme coa actitude de Cristián neste caso, porque efectivamente ir cunha gaita semi escocesa a un concurso de gaita galega é simplemente "unha cagada".
Podes ver toda a polémica na seguinte ligazón http://www.crtvg.es/tvg/programas/luar entre o minuto 1:27:00 e o 1:56:00.


Ningún comentario: