27 de xan. de 2014

BEA MOARES E O SEU EQUIPO DEIXAN O ESCUMA

O VINDEIRO 1 DE FEBREIRO DEIXA O LOCAL CUNHA GRAN FESTA TRAS DOCE ANOS DE TRABALO INCANSABLE.
Bea Moares quérese despedir ao grande do Escuma sito na
Rua Ourense de Cambados, lugar onde o deu todo e onde fixo a moita xente feliz. Os tempos non son bos,  e Bea o seu equipo fixeron pasar grandes momentos a moita xente de Cambados e en especial a gran e xenuína clientela. Podemos criticar a Bea polo que se queira,  pero por levantar  o seu establecemento con
actividades varias e de todo estilo non. Bea fixo o posible e o imposible  para que os cambadeses pasaran bos momentos no Escuma, eran tan diferentes e variadas as súas actividades que organizou dende talleres de sex-shop ate recitais de poesía.  E por suposto tamén escribiu unha carta para despedirse da súa clientela que reproducimos a
continuación:
“””Queridísimo poebloooo: 
Chegou o día no que o Escuma pecha as súas portas. como o prometido é deuda, queremos pechar este ciclo da nosa vida, cunha festasa que nin dios!!!!!!!
Teremos gogós, stripers, orgías sexuales, dj guetta e a
orquesta panorama!!! é bromaaaaaaa!!! (uf!! qué pena, non...??? jaja!!!)
O que sí teremos é precios de risa en tódalas consumicións (2,50 e 1 euro), agasallos, e o noso especial photocool!!!!!tendes que vir disfrazados ou desnudos, tanto me dá! aquí, teremos tanto atrezzo e disfraces,
que non ides dar feito. e apretádeme ven as tuercas da cadera, porque teremos musicalla para jhastar pista a tutiplén!!! 
Con todo isto, gustaríame que todo aquel que en estos 12 anos, nos acompañou , se pase a darlle un voltio polo bar para rememorar os grandes momentos...
Dame moita pena, ter que marchar, porque temos que marchar, pero foi un gran pracer crecer e aprender con vos, e ver como as vosas vidas cambian! 
Un abrazo infinito de non dar a basto!!! querovos poebloooooo!!!!!!!! e recordade...muerte al regueton!!!!!!!!!!!!!
Nos vemos en los bares! 
Bea Moares”””
Xente coma Bea é a que realmente necesita o país. Sorte no que fagas e que che vaia moi, pero que moi ben. Unha aperta.

Ningún comentario: