12 de xan. de 2014

“CAMBADOS IS VENECIA”

O CINISMO DOS NOSOS GOBERNANTES NON TEN LÍMITE
OS CAMBADESES SOFREN AS INUNDACIÓNS COMO AS ALMORRANAS, EN SILENCIO.
Os que non tivemos ou tiveches a sorte de ir a Venecia, non
Hoxe, en Fefiñans.
temos porque preocuparnos, porque xa podemos bautizar definitivamente a Cambados como Venecia. As inundacións que se producen cada vez que chove un pouco en Cambados,m están a orde do día. Estes dias foi nova as inundacións que sofren os veciños

da Modia, onte tivemos a sorte de un veciño de Cambados nacido alí, insinúonos a orixe principal das inundacións e el explicábanolo moi ben, o orixe de todas inundacións en Cambados e que auga non está canalizada debidamente mediante as
súas tubeiras correspondentes e mentres non solucionen este problema sempre haberá inundacións, dende Cortiñas de Arriba e dende o Pinal de Maza a auga está sen canalizar e  sempre busca o seu sitio,
si non o ten ela búscao aínda que teña que meterse nas fincas , nas leiras e nas casas dos veciños, pero insistíanos o veciño que era un problema de falta de canalización Este veciño ensinounos unha serie de fincas que cada vez que chove un pouco inúndase como verdadeiras lagoas, sen que os veciños presenten a mais mínima protesta diante do
concello de Cambados, como as "almorranas", os cambadeses sofrimos as inundacións en silencio. Pero non pensedes que este é un problema de Aragunde, este e un problema que xa nos ben herdado de Tirado e Touris. Os alcaldes do PP nunca quixeron reparar este problema e
abofé que recibiron fondos europeos para elo, o problema e que sabe Deus onde meteron eses fondos. A teoría do PP sabedes cal é, pois din que este é un problema circunstancial, pois cando para de chover xa non existe o problema,  e se gastan os cartos en
sumidoiros e canalizacións, este non se ve , así que é mellor gastar os cartos en obras visibles, ou en xantares para xubilados, que iso lles é máis rentabel a hora de recadar votos.
No entroido do 2006 a desaparecinda comparsa Unha Grande Chea publicaba o seu "Informativo Copular e publicaba xa estas duas fotos: 
Montaxe de 2006


Montaxe de 2006
FOTOS: 
PROTECCION CIVIL CAMBADOS
ALZA LA VOZ CAMBADOS
DIARIO DE AROUSA
FARO DE VIGO
UNHA FRANDE CHEA
A TI MEU CAMBADOS

Ningún comentario: