12 de xan. de 2014

HOXE IMOS DE TEATRO E APARCÁMOLO FUTBOL

MANUEL DIOS DIRIXE E ACTÚA EN "YERMA", QUE "TEATRO NO GARAXE" REPRESENTA ESTA TARDE EN CAMBADOS 
O profesor Manuel Dios subirase esta tarde de novo a un
Manolo Dios
escenario. Pero non será para dar un mitin ou falar nun acto institucional, senón como actor nunha obra de teatro. O que fora alcalde de Vilanova e da xestora da Illa trala segregación deste municipio, a mediados dos anos 90, forma parte do elenco da compañía de “Teatro No Garaxe”, que ás 19 horas de hoxe representa "Yerma" no auditorio de Cambados. 
Manuel Dios tamén é o director da obra, escrita por Federico García Lorca en 1934, e na que se aborda o drama dunha muller do rural andaluz que é incapaz de ter fillos, pese a que é o que ela desexa e o que lle impón a pechada sociedade do seu
Ademar Silvoso e Rita
Yañez en Fedra.
tempo. Dios representa un dos papeis protagonistas da peza xunto á tamén profesora Araceli Bugallo, moi coñecida polos seus triunfos como tiradora de esgrima. 
"Yerma" forma parte dunha triloxía que completan "A casa de Bernarda Alba" (xa representada con anterioridad polo grupo Non Garaxe) e "Vodas de sangue", e é un
dos textos teatrais máis importantes da literatura española do século XX. A función desta tarde é o estreo, e a entrada é gratuita. 
O equipo complétano unha quincena de afeccionados máis ao teatro, que levan meses traballando neste novo proxecto. 
Os que vaiades a ver a obra aparte de  Araceli Bugallo e Manuel Dios tamén recoñeceremos entre outros a  Dolores , o polifácetico Ademar Silvoso, Consuelito , Rita, Cruz, Manuela, Norma, Bea, Rosa Matilde, Fiona e as dúas Teresas completan o cadro actoral. Begoña Iglesias ofrecerá un só de guitarra durante a representación e Isabel Otero encárgase da iluminación e o son.
NOVA RECOLLIDA EN GRAN PARTE DE FARO DE VIGO.
Fotos: 
A VOZ DE GALICIA.
FARO DE VIGO
A TI MEU CAMBADOS.

Ningún comentario: