31 de xan. de 2014

CURSO DE COCIÑA DO CAMBADÉS TONINO EN VIGO.

VERSA SOBRE “AS VERDURAS DA TERRA E DO MAR”
O Centro Comercial A Laxe sita na Rúa Cánovas del Castillo1 de Vigo e dentro do ciclo “Cursos de Cociña
Temática” , impartirá o afamado cociñeiro cambadés Tonino pertencente o Grupo Nove e que rexenta o  Restaurante Pandamonium en Cambados, un curso que versará sobre “as Verduras da Terra e do Mar”. As informacións e reservas poderanse facer no telefono 669780053. O curso terá unha duración de tres días o Luns día 3, martes dia 4 e mércores dia 5 de febreiro, en horario de 19 a 22 h. O prezo do curso é de 80 euros persoa. As prazas son limitadas e terá que haber un mínimo de 15 persoas por grupo.

Ningún comentario: