1 de feb. de 2014

OPINIÓN: A HORTA DO SALNÉS.

“E NECESARIO MOTIVAR A XENTE, PARA QUE SE ANIMEN A TRABALLAR NO CAMPO”.
Estes días leemos no xornal, como as cooperativas agrícolas se queixan que non teñen produtos suficientes para atender a demanda dos seus clientes, poñen como
causa que o mal tempo e a climatoloxía adversa están retardando os traballos na horta , e non se pode plantar os novos produtos.
Sen embargo o problema da HORTA DO SALNÉS, en concreto e da horta en toda GALICIA en xeral, e mais ben un problema estrutural, e un problema de falta de políticas activas encamiñadas a favorecer a incorporación de xente nova neste sector.
Estes meses pasados vimos como HORSAL, facía un chamamento a xente que quixera traballar para cooperativa sen necesidade de facerse socios, e a pasar de que na comarca aí xente sen traballo , e aí fincas produtivas abandonadas, a resposta a este chamamento foi mais ben escaso.
Na actualidade estamos nun momento de desmantelamento dos sectores produtivos e esta claro que a horta non se escapa a este deseño estrutural. No ano 1996 o 60% da
horta de Pontevedra procedía da comarca do Salnés, hoxe en dia e a pesar das novas tecnoloxías non detectamos un incremento do noso sector produtivo, mais ben todo o contrario, a horta non se esta a converter nunha fonte de riqueza nin esta a xerar postos de traballo.
Temos que ter visión de futuro, e este pasa por ser diversos e variados, sen caer na tentación de producir unicamente para un solo comprador, nin pensar que as cooperativas son a solución a todos os problemas no sector produtor.
E necesario motivar a xente, para que se animen a traballar no campo, e para iso e necesario salvar todos os atrancos burocráticos, e necesario habilitar créditos agrícolas,
debemos desmantelar as subvencións, favorecendo créditos con devolución a baixo xuro e a largo prazo. Temos que pensar que nesta folla de ruta todos somos necesarios e cada un xoga o seu papel, os produtores, as cooperativas, os maioristas, os comercializadores, e os consumidores, todos somos necesarios, todos formamos esta familia. As cooperativas non poden absorber o 90% das axudas da administración, e logo seren os máximos importadores de produtos de PORTUGAL, solo coa escusa do mal tempo, isto non e facer país, isto e desmantelar o agro Galego, quedándose co diñeiro de todos.
UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA.

Ningún comentario: