SEGUNDO LUÍS ARAGUNDE POR CARECER DE AUTORIZACIÓN E NON AXUSTARSE Á NORMATIVA.
“MIRA, PATRIMONIO NON CHE VAI DAR LICENCIA, ASÍ QUE MIRA TI, MONTA E SE NINGÚN VECIÑO DENUNCIA…” DÍXOLLE O ALCALDE A UN REPRESENTANTE DO BALOCA.
Os actuais xerentes do Baloca Bar, recibiron o pasado 30 de xaneiro , unha desagradable nova. O Alcalde de Cambados envioulle un oficio que dicía textualmente:
A normativa ao parecer di que os toldos deben de respectar unha altura de 2.10 , o toldo segundo as fotos que aportan os do Baloca , respecta a normativa.
O Baloca entón colgou este polémico post no seu facebook
“Graciñas Rif Rock Cambados y @a Leria!!!! As vosas insistentes chamadas ó axuntamento é policía local, fainos aprender dúas cousas, CANTO VALE UN PADRIÑO, E CUAN NECESARIO É QUE TODOS CUMPRAMOS AS NORMAS!” Post que desatou e está a desatar unha serie de comentarios tanto a prol como encontra. Non imos entrar a valoralo nin a xulgar este post, para iso
estades vos , nos o que nos limitamos foi a poñernos en contacto coas partes que interveñen neste asunto e que son, primordialmente, o Baloca e o Rif.

Primeiramente falamos cos do Baloca e un representante do bar díxonos que falaron do toldo co Concello e cos do Rif e que están disposto a volver a falar si
é necesario.
é necesario.
Tamén nos dixeron dende o Baloca que si ben é certo que non teñen autorización para os laterais o alcalde díxolle textualmente “Mira patrimonio non che vai dar licencia, así que mira ti monta e se ningún veciño denuncia…”. Nos creemos perfectamente esta contestación do Alcalde de Cambados porque é a forma que teñen de funcionar neste concello e que foi
moitas veces denunciado por este blog e pola oposición.
moitas veces denunciado por este blog e pola oposición.
Os do Baloca séguenos comentando que efectivamente alguén relacionado co Rif denunciou perante o concello a colocación do toldo, entón os do Baloca foron falar con eles e ao parecer dixéronlle que non volverian polo concello, pero resultou que efectivamente eles non volveron pero si ao parecer un
familiar. Entón é cando o alcalde envía a notificación que publicamos neste blog. O Baloca fala novamente co Alcalde e entón é cando lle fai ver que eles están sendo tratados diferente ao resto, xa que hai locais incluso na mesma praza que teñen o toldo e non teñen problema e que el está na obriga de darlle solución os locais como fan os Alcaldes da Coruña e de Vilagarcía con problemas parecidos. Resposta do Alcalde Luis Aragunde “DENUNCIA TI AOS OUTROS PARA QUE PASE O MESMO”. Que falta de competencia rigor e saber estar do noso Alcalde con esta resposta.

Respecto o post publicado no facebook do Baloca, polo representante deste local dinos que efectivamente teñen claro que o que lle manda quitar o o toldo é o Alcalde pero si teñen argumentos contundentes para dicir que eles(Rif e A Leria) están detrás da denuncia, incluso o alcalde deulle o nome dunha persoa que foi queixarse persoalmente do toldo do Baloca.
Puxémonos en contacto tanto co Rif como A Leria e ambos declinaron facer declaracións publicamente.
De todos xeitos varios clientes do Rif queixábanse do Baloca de “entorpecerlle o paso” poñendo toda clase de impedimentos tales como mesas, inchables, bambús, toldos etc., sobre todo durante os meses de verán.
Nos que en principio temos accedido aos tres locais e os tres nos parecen que teñen o seu encanto, sentimos profundamente estas diverxencias e esperamos que cheguen a conciliarse..
O que seguimos sen entender é a forma de facer no concello de Cambados, é un verdadeiro desastre, queren contentar a todo mundo e logo veñen estes problemas e o peor de todo todos os toldos colocados polos bares de Cambados, segundo o concello son ilegais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario