2 de feb. de 2014

GRAZAS LUÍS ARAGUNDE POR PEONALIZAR A RÚA ISABEL II CON CON SETE ANOS DE ATRASO.

FALANDO DA RÚA ISABEL II, PARABÉNS A LUPE QUE ESTÁ DE CUMPRE ANOS
Con sete anos de atraso a concello de Cambados, vai
peonalizar por fin a Rúa Isabel II. O 26 de xullo de 2007 no seu blog a desaparecida Asociación Unha Grande Chea, pedía a gritos a peonalización desta rúa sobre todo na festa do Albariño o inútil do alcalde daquela o Sr. Touris e o Tenente de Alcalde o ínclito Luisiño non caian da burra, porque a penalización pedía quen a pedía.  Pero despois de darlle negocio a un par de amigos empedraron a rúa e por fin se vai peonalizar.
PARABÉNS LUPE
Por certo falando da Rúa Isabel II, temos que dicir que fai un tempo había un bar que se chamaba “Bar Silva” e pechou, segundo poñía o cartel por “DÚAS SEMANAS” o que é ben certo e que aínda non abriu. Este bar deixou orfo a unha serie de xente que nos reuniamos alí, charlabamos, cantabamos e contabamos chismes da nosa vila. Pero un día baixou do ceo unha deusa, case tan morena como a “Moreneta”, pero iso si moitísimo mais guapa e milagrosamente abriu un bar
que levaba moito tempo pechado o antigo “Bar Piñeiro”.  E os que quedaramos orfos do antigo Bar Silva xa tivemos outra vez onde reunirnos, onde cantar e onde volver a contar os nosos “chismes” cambadeses. Agora esa deusa volveuse persoa e todos lle chamamos “Lupe”, e hoxe está de cumpre anos, polo que lle desexamos que viva moitos anos mais (aínda que as deusas son inmortais) porque así xa temos o noso local social para a xubilación
que a algúns quédanos moi pouco. A verdade e agora falando en serio vir a Cambados e non vir a tomar un albariño “A de Lupe” e como non vir. Lupe sole ter un riquísimo Albariño e non menos de ricas están as súas tapas, queixo, fideo, arroz, empanada etc, pero sobre todo ricos ricos están os callos do domingo, eses están espectaculares. E non digamos xa nada das riquísimas paellas que no verán prepara o seu home Suso Pombo, están de chuparse os dedos. Tamén te podes atopar calquer día  cunha "guitarrada" amenizada por Xoán Silva e Blas e as veces acompañados polo trompetista Batallan.  Grazas Lupe por soportarnos e reiteramos parabéns neste cumpre anos. Por certo aquí vos deixamos unha vídeo dunha "guitarrada" que houbo o outro día na de Lupe.




Ningún comentario: