2 de feb. de 2014

¡¡¡XA ERA HORA!!!

SUBSTITÚEN OS “BANCOS SOMALIANOS” DA FONTE DE FEFIÑANS POR BANCOS DE GRANITO.
O 12 de outubro pasado publicabamos neste blog unha
nova que titulabamos “UNS BANCOS DIGNOS DE SOMALIA (CON TODOS OS RESPECTOS PARA ESTE PAIS). LUÍS ARAGUNDE SIGUE TENDO ABANDONADO A FEFIÑÁNS”. No
mesmo denunciabamos o calamitoso estado  e a pobre imaxe que daban dun lugar tan bonito como a Fonte de Fefiñans. Pois ben estes días operarios do Concello de Cambados procederon a cambiar os antigos e desastrosos bancos por bancos de
granito que ademais de  ter unha perfecta “maridaxe” co entorno non teñen mantemento.  De algo serviu a nosa denuncia de outubro pasado.


Ningún comentario: