21 de xan. de 2014

“DO CHOCOLATE AO BALNEARIO, UN EXEMPLO PARA TODOS”

OS VILAGARCIÁNS CONTRA A SUBIDA DA CONTRIBUCIÓN, OS CAMBADESES FACÉNDOLLE A PELOTA A LUÍS ARAGUNDE.
No ano 1999 celebrase en Cambados os días 28,29,30 e 31  de xullo e 1 de Agosto a XLVII festa do viño Albariño en Cambados, na praza de Fefiñans actuaba “Loquillo y los Trogoloditas” un mozo cambadés acercouse a Loquillo y
fíxolle entrega dunha camiseta, nela poñía “Do Chocolate ao Balnerio merda para todos”. Loquillo pensou que se trataba diso de “chocolate” e púxoa. Xa sabemos das rivalidades de Cambados e Vilagarcía unha frase mais ou menos afortunada na que unha "peña" acuñou para pasalo ben eses días. Hoxe ese lema podemos trocalo perfectamente por “Do Chocolate ao Balneario , un exemplo para todos”.  E diredes vos a que ven isto?. Pois ben que os vilarcianos están a ser un exemplo para todos nos, mentres eles están loitando a brazo partido contra a abusiva subida de impostos e sobre todo do IBI, os cambadeses adicámonos a facer a pelota ao "botarate" que temos como Alcalde.
Unha das primeira medidas da Plataforma vilagarciá foi facer  un chamamento á cidadanía para que deixen de domiciliar os recibos procedentes do Concello  e que esperen ata 48 horas antes do período voluntario de pago para abonalos. Desta forma o diñeiro non lles chega ás arcas municipais ata tres meses logo de realizar a notificación.
Pendentes de elaborar un calendario firme de moralizacións e de cambiarse o nome por un de corte máis xenérico a Plataforma apunta que acudirá a todos as sesións plenarias para esixir explicacións ao alcalde Fole.
A Plataforma tamén está pendente de atopar un local que lles sirva de sé, dado que están abertos a axudar a todos aqueles que necesiten de información para acceder ás bonificacións que se suscitan.
A Plataforma sinala ademais que esperan contar co apoio de colectivos e de partidos políticos na nosa loita como a habemos ter ata agora. De feito os veciños tiveron unhas palabras para a loita cidadá que se levantou  a cabo en Gamonal, Burgos. “Son un exemplo que nós tamén debemos seguir”, dicían os da Plataforma.
Os cambadeses debiamos de poñernos as pilas e non facer certo aquel famoso refrán “Aragunde mexa por nós , e dicimos que chove”. Imaxinadesvos unha protesta deste estilo no Salón de Plenos no concello de Cambados, estamos seguros que a Aragunde poriaselle esta cara:
Foto recollida de #LuisAragunde 



                                   



Ningún comentario: