21 de xan. de 2014

O NOVO PEIRAO DE TRAGOVE DESCOMPONSE

OS MARIÑEIROS LEVABAN DIAS DENUNCIANDO NAS REDES SOCIAIS A DESCOMPOSICIÓN DOS “NICHOS”
Xa algúns mariñeiras levaban publicando nas redes socias
que o novo peirao  de Tragove estaba descompoñéndose, hoxe fomos a comprobalo  “in sito” e efectivamente confírmanse as peores sospeitas. O novo peirao coñecido polos mariñeiros como “Os nichos”, está estalando tendo gretas onde xa
cabe unha man, e aínda está sen inaugurar. Varios medios de prensa convencional dician  “De feito, polo momento, nin o Pósito de Pescadores nin o ente público detectaron que a nova estrutura estea sufrindo este tipo de problemas. “, o que demostra que obviamente non estiveron no lugar porque
as fotografías nos remitimos.
A superficie lineal de atraque “120 metros” moi inferior  a prometida cando se colocou a primeira pedra, en 2004, debido á crise económica, aínda que din  que Portos non descarta amplialo nun futuro. 
A infraestrutura xa está practicamente terminada, pero a adxudicataria aínda non entregou a obra porque lle queda limar algúns salientes dos módulos que a conforman.
E incrible o das nosas autoridades, un non entende que non haxa técnicos en Portos de Galicia que non saiban facer un estudo xeolóxico. O novo peirao incriblemente fúndese.






Ningún comentario: