2 de xan. de 2014

É ÉTICO QUE ANA ISABEL OUBIÑA SANTOS CONCELLEIRA DE SANIDADE E SERVIZOS SOCIAIS DEFENDACOMO AVOGADA A NARCOTRAFICANTES?

O BLOG CAMBADÉS ALZA LA VOZ CAMBADOS FAINOS COÑECEDORES DO FEITO.
HAI VOCES NA REDE QUE PIDEN A SÚA DIMISIÓN.
Hoxe, un dos blogs con mas seguidores no concello de Cambados “ALZA LA VOZ CAMBADOS”, despértanos cunha nova que si é certa, e non temos ningunha dúbida para que asi sexa,  non ten desperdicio ningún o seu titular di:  “A concelleira de saúde e Servizos Sociais de Cambados defende a un narcotraficante
ante o xuíz” 
Seguida dicindo a nova,  que exercendo no seu papel como avogada unha concelleira do PP de Cambados (a delegada dos temas relacionados con saúde e servizos sociais) defendeu fai
apenas uns meses a dous homes acusados de narcotráfico ante os tribunais de xustiza. Tralo procedemento penal un dos clientes da “popular” acabou sendo condenado a tres anos de cárcere por vender estupefacientes. O blog en cuestión pregúntanos se é ético (pois legal está fora de toda dúbida) que unha representante democraticamente
Alza la Voz Cambados marcha
vento en popa.
elixida defenda nos tribunais a unha persoa que cometeu un delito contra a saúde pública do que precisamente esta muller é a encargada de previr aos cidadáns? 
Hai quen opina que "fai miles de anos xa había este debate, o rei Pilatos para xulgar a Cristo tiña un dilema, como separar. os feitos probados dun home
do mismísimo Espírito Santo, a súa decisión foi lavarse as mans. Aquí pasa o mesmo, como separar os asuntos profesionais e lexítimos dunha profesión, dun cargo publico.A noticia xa nace viciada no seu titular". la concelleira defende.....", falso, en todo caso será la Avogada defende....Segundo as leis Españolas todos somos
inocentes mentres non se demostre o contrario, polo tanto esa avogada nese intre non defendía a ningún narcotraficante, e logo despois xa non tiña remedio. De verdade un asunto complexo e de moitos matices.Sabia decisión de Pilatos."
Tamén temos a opinión en senso contrario, outra persoa nas redes sociais dicía : Evidentemente nom é culpavel até que se dicta a sentência,
polo que nom estaria fazendo mal a senhora, mas para min desde o momento que cede a defendê-lo ante umha acusaçom de tráfico de drogas tendo o cargo que tem dentro do governo local, nom me parece justificavel, todo o contrário, é ruín e hipócrita, e o único qe faz e perder toda credibilidade no seu postinho de "concejala". E sim Chon , para min e muito mais grave isto qe o de " chochito", já que a palavra estava bem contextualizada e só o feminismo ráncio se pode ofender com tal cousa.
Por último este blog opina que aínda que o caso é comparábel co de “Chochito de oro”, pois ,  se Chon no intre en que publica o post non fora concelleiro do BNG a nova non tería transcendencia ningunha nin para o Bloque nin para Chon, pero o PP e sobre todo os que publicaron a nova encargaronse moi moito de que as dúas cousas foran relacionadas e dicir,  concelleiro e membro do BNG. Porque neste caso temos que desligar a triplo condición de  Ana Isabel, e dicir concelleira, membro do PP e avogada, porque aquí queremos que se separen as condicións, cando a concelleira  que está ligada  a un prestixioso bufete de avogados de Pontevedra, podia tranquilamente encargarllo o caso a outro compañeiro do bufete e evitar asi novas como a que publica hoxe "Alza la Voz Cambados"
Polo que a oposición debe valorar  este feito e pedir sen remisión a dimisión desta concelleira, a lo menos é o que pensamos dende este blog.
FOTOS FACEBOOK E AXENCIAS.

Ningún comentario: