2 de xan. de 2014

O FINAL “CHOCHITO” QUEDOU DE DÉCIMO.

AS SITUACIONS MÁIS ABSURDAS DA POLÍTICA EN 2013 SEGUNDO A PERIÓDICO DIXITAL 20 MINUTOS.
Fai uns días grazas o blog ALZA LA VOZ CAMBADOS, eramos coñecedores dunha curiosa clasificación. É por suposto unha clasificación da cal non estamos  nada
orgullosos, mais ben todo o contrario, só vos podemos dicir que agora sabendo o que sabemos, como se fragou todo ate a súa publicación, os apoios recibidos e non recibidos, agora mesmo Chon
 seguiria sendo concelleiro do concello de Cambados como independente ou como fora, pero se con algo nos que quedamos é que dos  decisións erradas tamén se aprende.
Pechada xa a votación, asi ficou a clasificación (os comentarios de cada nova foron recollidos da páxina en cuestión): 
1. Ana Botella e as súas leccións de inglés. 
Nin a revista Estafe puido resisitirse de incluír a Ana Botella na súa ranking anual de fails políticos. E é que a moitos se nos pon aínda a cara vermella de vergonza ao recordar o desastroso discurso de Ana Botella con motivo dos Xogos Olímpicos.  3184 votos 
2. O Presidente do goberno español comparece nunha TV de plasma. 
Sabémolo. Sabemos que poderiamos elixir moitas situacións absurdas con e presidente de España, pero o certo é que esta parece levarse a palma e non o Goya. Ante as miradas atónitas dos xornalistas que decidiron asistir a estas comparecencias. 2442 votos 
3. Unha asesora de Wert pregunta polo soldo de Ramon Llull.
No Ministerio de Educación e Cultura, que dirixe José Ignacio Wert, aínda non se decataron de que o beato, filósofo, escritor e misionero Ramon Llull faleceu no ano 1315. Entre os asesores do ministro Wert hai quen cre que o místico e teólogo mallorquín é inmortal. 2193 votos 
4. O intérprete do funeral de Mandela que oía voces e vía anxos. 
O intérprete de linguaxe de acenos durante a cerimonia de homenaxe ao falecido líder sudafricano Nelson Mandela foi internado nun hospital psiquiátrico, segundo a prensa local. A súa esposa foi quen o levou a ese centro asistencial: "os últimos días foron difíciles". 1916 votos 
5. Luís Bárcenas por: Colega, onde está o meu sobre? 
O culebrón político que nos tocou vivir este ano con Bárcenas e o PP, foi un dos temas máis comentados en Twitter en 2013. Os papeis de Bárcenas puxeron en evidencia a contabilidad B do Partido Popular e unha chea de 'roupa sucia' que deixou pampa á sociedade española... 1728 votos 
6. Obama, a loura e os celos da Primeira Dama. 
Vale, nesta foto hai dúas primeiras damas, pero só unha é esposa de Obama. A atractiva loura que sorrí e tontea co presidente Obama non é outra que Helle Thorning Schmidt, a socialdemócrata primeira ministra de Dinamarca que desatou os celos da Primeira Dama. 1718 votos 
7. Toru Hashimoto e o que nunca debeu dicir.
O gobernador da Prefectura de Osaka, Toru Hashimoto, pronunciou unha frase que ben lle merece estar neste ranking e no da revista Estafe. O gobernador xaponés afirmou que as violacións de mulleres que se produciron durante a Segunda Guerra Mundial por parte do exército xaponés...1571 votos 
8. A Infanta Cristina polo culebrón: Durmindo co seu inimigo. 
Urdangarín e Cristina. Son sen dúbida a parella que máis dou que falar este ano e por desgraza... por nada bo. descubrimos que o humor da realeza tamén pode ser macarra grazas aos fotomontajes e chistes que Urdangarín fixo da súa familia política. 1486 votos 
9. Toni Cantó faise adicto aos fails.
Toni Cantó encabeza a lista de temas políticos máis comentados en Twitter no 2013. E o certo é que o deputado da partida cor de rosa gañouse o posto a pulso. A Cantó, xa adicto aos flames, non lle faltaron argumentos para figurar neste ranking. 1362 votos 
10. Xaquín Charlín González e o 'chochito de ouro' de Soraya. 
Xaquín Charlín González, concelleiro do Bloque Nacionalista Galego, chamou este pasado mes de xuño a Soraya Saenz de Santamaría 'chochito de oro' facendo alusión aos gastos ginecológicos que a vicepresidencia presupostara. Malia que Xaquín retirou a expresión da súa bitácora, si mantivo a crítica cara aos gastos da vicepresidenta. Unha hora logo de publicarse esta noticia presentaba a súa dimisión coa plena conformidad do seu partido.  1092 votos.


Ningún comentario: