18 de xan. de 2014

¡¡¡INCRIBLE!!! PESE AS GRAVÍSIMAS INUNDACIÓNS NA MODIA LUIS ARAGUNDE SEGUE SEN RECIBIR OS VECIÑOS

A ALCALDIA POLO DE AGORA NON VALORA NINGUNHA CHARLA COS MESMOS.
O BNG de cambados ven de presentar un escrito por rexistro de entreta no que denuncia que o
pasado 8 de xaneiro, o grupo municipal nacionalista informou ao concello das demandas dun grupo de veciñas e veciños do Campo da Modia, que se queixaban de que a rúa na que vivían estaba transformada nunha canle de auga permanente que tiñan que soportar a maior parte do ano e que lle facía a vida
moi difícil. A día de hoxe, veciños e veciñas informáronlle ao BNG de que non obtiveron, por parte do concello, ningún tipo de resposta á súa problemática e que seguen a agardar a que algún representante do concello atenda ás súas demandas de xeito que se poida buscar unha solución a
curto prazo, pois a situación resulta xa insoportable. O BNG polo tanto demanda da alcaldia o seguintes puntos:
1.- Ten valorado a Alcaldía reunirse cos veciños/as do Campo da Modia para atender a súa demanda?
2.- Desde que data coñece a Alcaldía a problemática que están a padecen estes veciños?
3.- Ten valorado o concello darlle unha solución ao problema destes veciños/as? Cando?
4.- Que medidas tomou o Concello ata o de agora para tratar de solucionar este problema?

1 comentario:

o quinto dixo...

moitos veciños da modia estaban oxe na subasta dos pezuños, e pouco ñe faltaba por andar as peleas, haber quen ñe facia mais a pelota o alcalde, e mais o das gaseosas, amin dame bergoña ajena, deus nos colla confesados, que pobo de pelotilleros