18 de xan. de 2014

O PASEO MARITIMO DE CAMBADOS FEITO UNHA PORQUERIA

SEGUNDO O PSOE DE CAMBADOS SÓ LIMPA CANDO VEÑEN ELECCIÓNS
Os Socialistas de Cambados denuncian o lamentable estado no que se atopan os arredores do paseo marítimo.
   Os socialistas de Cambados queren denunciar o
lamentable estado  no que se atopan a día de hoxe os arredores do paseo marítimo do noso Concello, un enclave estratéxico tanto a nivel turístico como ecolóxico que volven a descoidar dando exemplo, unha vez máis, da súa falta de responsabilidade. 
   A portavoz do PSOE en Cambados asegura que “os arredores do paseo marítimo atópanse nun lamentable
estado, xa que están cheos de lixo e de plásticos desde hai varias semanas”.
   As queixas dos veciños son, de novo, ignoradas polo consistorio que fai oídos xordos os contribuíntes que nos últimos anos viron subir o seu recibo de lixo sen que ese incremento no prezo corresponda a unha mellora na calidade do servizo. 
   “Os numerosos veciños que saen a camiñar polo paseo ven día a día como este lixo vai incrementándose pouco a pouco sen que ningún operario do Concello vaia limpar esta zona”, argumenta Abal facendo fincapé en que no caso de
que o goberno local non teña competencias na zona se esixa a quén corresponda unha limpeza inmediata. 
   Desde o PSOE queren denunciar que Cambados só se limpa cando estamos a semanas das eleccións ou cando ven o turismo da temporada estival. Os exemplos desta desastrosa xestión dun servizo público fundamental  o podemos ver  fai apenas uns meses ca presenza de ratas no centro do pobo e agora se volven a repetir co lixo en pleno paseo marítimo. 

PsdeG-PSOE Cambados
http://www.socialistascambados.com
info@socialistascambados.com

Ningún comentario: