17 de xan. de 2014

UN BUFETE DE AVOGADOS CON DESPACHO EN O GROVE E CAMBADOS GAÑA UN PREITO A NOVA GALICIA BANCO DE 50.000 EUROS.

O DESPACHO ESTA REXIDO POLO LETRADO BRUNO FERNÁNDEZ E FORMA PARTE DO MESMO O CAMBADÉS IAGO PILLADO E A MECA MARTA PADIN.
UNHA CAMBADESA  BENEFICIARIA
DESTE “TRABALLADA” SENTENCIA.
O Xulgado de Cambados condenou a Novagalicia Banco a devolver a unha clienta máis de 39.700 euros, máis intereses, logo de declarar a nulidade da adquisición de obrigacións subordinadas e de
participacións preferentes. 
Esta non é a primeira sentenza favorable a un aforrador que consegue o despacho meco-cambadés Bruber Avogados, que se encarga da defensa dun bo número de afectados polas preferentes. 
Neste caso a demandante, que traballa na administración,
Bruno Fdez. Aguiño

contratou 50.000 euros en participacións preferentes e 1.200 euros en obrigacións subordinadas nas antigas sucursais de Caixanova e Caixa Galicia de Cambados, respectivamente, polas que percibiu un total de 11.472 euros en concepto de intereses. 
Logo de celebrarse o correspondente xuízo o Xulgado de Cambados condenou a Novagalicia Banco a devolver á demandante 39.729,74 euros máis os correspondentes intereses ao
Iago Pillado Losada

considerar probado que non recibiu a información necesaria para contratar os produtos. 
Na sentenza establécese que “quedou acreditado que as entidades bancarias non facilitaron unha información veraz, pois manifestaron características do produto que eran precisamente as que quería a clienta -plena disponibilidad e seguridade- pero que non se correspondían coa realidade do que se lle ofertaba e finalmente adquiriu, produtos ademais que non eran
adecuados ao seu nivel de cualificación”. 
Ademais, na sentenza tamén se recolle que o simple feito
Marta Padin
de desempeñar un posto de traballo na administración non presupón, tal e como pretendía a demandada, a existencia de coñecementos en materia financeira. 
Deste xeito, o Xulgado de Cambados condenou á entidade bancaria a devolver o diñeiro que no seu día a demandante investiu en subordinadas e preferentes. 
NOVA RECOLLIDA ÍNTEGRAMENTE DE DIARIO DE AROUSA.


Ningún comentario: