18 de xan. de 2014

O ALCALDE DE CAMBADOS CANDO TEN UN PROBLEMA FAI COMA A AVESTRUZ

ENTERRAN CON AREA O MURO MEDIEVAL APARECIDO NA TORRE
Os cambadeses saben, grazas os blog locais
progresistas, non así podemos dicir o mesmo do blog do PP, que temos empregado un arqueólogo municipal que cobra mensualmente mais de 1500 euros por dous días que ven a semana, funcións que podería facer perfectamente o aparellador municipal como xa dixemos en varias ocasións, pero este cargo entre entre os asesores inútiles do señor Alcalde. Unha vez que aparece unha muralla medieval, nas inmediacións da Torre de San Sandurniño, que fai o noso
alcalde pois como as avestruces cando están en perigo, meter a cabeza debaixo da terra, neste caso enterran a muralla medieval con area coa peregrina escusa de que van estudar con Patrimonio que facer coa muralla, xa veredes queridos amigos como nos vai falar disto ate o vindeiro temporal. Para que queremos un arqueólogo municipal si cando aparece algo que el pode realmente poñerse a traballar o que fai e enterralo con area. Magoa de cartos que tiramos polo temporal abaixo.
FOTOS: FARO DE VIGO, DIARIO DE AROUSA E ALZA LA VOZ CAMBADOS.

1 comentario:

o quinto dixo...

primeiro que o arqueologo que meteu touris a dedo, non ven dous dias a semana, que ven un os miercoles para ser esactos,e ademais el non e nadie, quen manda e o jefe,ademais moitos cambadeses si rellenara o serrido desde cambados o grobe pa poñer imbernaderos dirian, que bonitiño e lebariano na procesion a dar uha boltiña o lonbo na andia, coma se fora un santiño de pau,mexan por nos e decimos que chobe,vivan os estomagos ven cheiños