23 de xan. de 2014

O GRUPO DA GAITAS DE VOLANDEIRA NA HORA GALEGO DO BALOCA

SORTEARASE UN XAMÓN, AS RIFAS ESTÁN XA A VENDA.
ESTA V EDICIÓN TERÁ LUGAR O 31 DE XANEIRO .
Despois do éxito clamoroso da cuarta hora galega coa enorme actuación de Os Xeitosiños, xa se está a aproximar
a V edición, cinco meses van aló dende a creación desta famosa hora que non fai máis que promocionar a nosa música e as nosas costumes. Nesta ocasión o vindeiro 31 de xaneiro  sobre as dez horas terá lugar a actuación do grupo  de gaitas de Volandeira quen farán un longo percorrido sobre o seu amplo  repertorio. Ademais das tortillas e queimada que o Baloca pon gratis a disposición dos asistentes tamén se sorteará un estupendo xamón, as rifas ao módico prezo dun euro,  xa levan varios dias a venta no establecemento.
¡VIVA A HORA GALEGA!

Ningún comentario: