23 de xan. de 2014

UN TRIANERO ILUSTRE, CANDIDATO A NARIZ DE OURO 2014

JOSÉ LUIS ARAGUNDE DE “VAGOVIÑOS” E “RIBEIRA DE FEFIÑANS” ENTRA NA FINAL CON TODO MERECEMENTO.
Si Sr. Moncho o Vago (fundador do antiguo Bar O Vago), quen tivo
entre os seus clientes a personaxes tan ilustres como Ramón Cabanillas ou Antonio Magariños, levantara a cabeza estamos seguros de que estaria moi orgullo do seu neto José Luis Aragunde (Vagoviños e Ribeira de Fefiñans) quen está a levar o nome de Cambados e o nome de Triana(barrio de Fefiñans por excelencia) a cotas moi altas. Por segunda vez o noso paisano é candidato ven de  acadar final  a nariz de Ouro, trofeo que se lle entrega ao mellor sumiller do estado
español.
Logo da celebración de tres semifinais do concurso de sumilleres, xa hai 17 finalistas para O Nariz de Ouro 2014. Quedan outras tres semifinais antes do concurso final que terá lugar en Madrid o próximo mes de xuño. 
Xa se celebraron tres semifinais do Nariz de Ouro 2014, e como se adoita dicir, este concurso está no ecuador antes da celebración da final que terá lugar en
Madrid os días 6 e 7 de xuño. Celebráronse as edicións de Bilbao, Valencia e Santiago, esta última foi onte. Agora resta que o certamen percorra Barcelona en febreiro, Madrid en abril e Málaga en mayo, para seleccionar aos finalistas que participarán na gran final do Nariz de Ouro. 
De momento imos coñecer quen son os 17 finalistas que se seleccionaron para o concurso de sumilleres O Nariz de Ouro 2014, como sabedes, non hai un número concreto de profesionais que quedan seleccionados en cada convocatoria, todo depende dos dotes que mostren nas probas ás que se someten, sendo a máis temida o
enfrontamento á copa negra, na que o único sentido que poden utilizar é o olfato. 
Da semifinal celebrada en Bilbao saíron seis sumilleres, Iván Martínez da Tenda Colmado (Medina de Pomar, Burgos), que ademais foi o mellor sumiller da convocatoria, Soraya Sanjurjo de Jauregibarria
(Amorebieta Bizakaia), Gustavo Freije de Casa Enol (Barakaldo, Bizakaia), Judit Pinillos de Hotel Vila de Laguardia (Laguardia, Álava), Ina Sorabilla de Venda Muguiro (Muguiro, Navarra) e Roberto Monreal de Baserri (Pamplona, Navarra). 
Na semifinal de Valencia foron oito sumilleres os que pasaron as probas para acudir á final, eles son: Axel Pitarch
do Restaurante Plaerdemavida (Valencia), nomeado tamén como mellor sumiller da convocatoria, Sergio Rodríguez de Mediterráneo (Grao, Castellón), David Remolar de Márbara (Moncofa, Castellón), Elia Roig do Hotel Roig (Benassal, Castellón), Mariano Apolo de
Entretiempo (Valencia), Juan Francisco Carmona de Dúas Jotas (Murcia), Jonatan Girón da Cava Aragonesa (Benidorm, Alacante) e Salvador Pardo de Hoces de Mira (Mira, Cuenca). 
A convocatoria da terceira semifinal do Nariz de Ouro celebrada en Santiago de Compostela, na que podían participar os profesionais de Galicia, Asturias e León, non tivo tantos participantes como
as anteriores, e tamén se ve reducido o número de finalistas desta convocatoria, só tres sumilleres foron clasificados, Óscar Quintana, de Paradores de Turismo (León), quen ademais foi nomeado Mellor sumiller da convocatoria, Eva Pizarro de Acio
(Santiago de Compostela, A Coruña) e José Luís Aragunde de Vinoteca Ribeira de Fefiñans (Cambados). 
A próxima cita é o 18 de febreiro en Barcelona, os interesados en participar deberedes estar atentos á convocatoria, podedes realizar as consultas necesarias a través da web oficial do Nariz de Ouro. 
Nova recollida en parte de: http://www.gastronomiaycia.com/2014/01/22/la-nariz-de-oro-2014-ya-hay-17-finalistas/


Ningún comentario: