25 de xan. de 2014

O PUB A LERIA CONTINUA… IMPREGNADA DE "PAMPLONISMO"

JAVI E DANI PAMPLONA  OS NOVOS DONOS DA LERIA
Para nos,  falar da Leria,  é falar dun dos mellores
establecementos hostaleiros de Cambados. É falar dun símbolo da nosa vila, hai xente que coñece Cambados pola praza de Fefiñans, quizais outros pola torre de San Sandurniño, tamén algúns
coñecen a nosa vila polas ruínas de Santa Mariña, hai quen incluso coñece ó noso Cambades por ser ó berce do egrexio escritor e poeta da raza,  o noso Ramón Cabanillas, pero se hai un común denominador polo que a xente coñece  Cambados e polo  Pub “A Leria”, si estiveches en Cambados e non estiveches na Leria e como si non estiverades no nosa
vila. Estes dias estes marabilloso establecemento cambadés ven de  realizar un cambio na súa xestión,  dos irmáns “Manacos” pasou a mans dos irmáns “Pamplona”. Difícil vaille resultar aos “pamplonicas” superar o listón que puxeron Rubi e Joaquin moi alto, pero estamos seguros que os “Pamplonas” van
traballar arreo para superalos, e tamén estamos seguros que van conseguilo. O buque insignia da hostalería cambadesa non ficou orfa como algúns pensaban,  ao marchar os “Manacos”, sabia nova con moitas gañas de superalos, dentro da
rivalidade “deportiva” e amigable,  veñen a substituílos. Este pub onde podes ver dende a extrema dereita ate a extrema esquerda  no que se refire ao pensamento político, o “marujeo” sán da súa terraza, as súas festas no verán, a súa transformación de día a noite de cafetería a pub no simple movemento de mobles, fan deste singular establecemento un dos mellores de Cambados. Dende este humilde blog
desexámoslle moita sorte os “Plamplonas” e animamos a todos os que visitedes estes local, que sigades indo a este  punto de reunión cambadés e os que sodes de fora se non o coñecedes,  animámosvos a que o fagades, pero non só de noite onde o ambiente e
espectacular, senón tamén de dia onde podes apreciar  , cun pouco de sol, unha das mellores prazas de Cambados. Sorte rapaces  e tedes esta humilde bitácora cambadesa  a vosa disposición para o que queirades.

Ningún comentario: