25 de xan. de 2014

POLA DESAPARICIÓN DA "TELEBASURA" XA.

UN COMENTARIO DE  FER PIÑEIRO PAZOS
Sempre me causou noxo todo o que tocou o idiota de Sardá e secuaces tipo
Cárdenas, Boris e compañía. Nunca perdín un minuto da miña vida vendo a vasoira que patrocinaban coma 'Late
Night Show' ou algo así. Sen embargo sempre me resultou difícil non saber quen eran esas noxentas personaxes que po alí pasaban; ben porque todo o mundo falaba deles ou porque a pesares de illarte na túa habitación sempre acababas oíndo algo sobre algún idiota que aparecía nese programa. Ías ao
instituto e oías falar dun 'cura' extravagante; tomabas un café pola tarde e non se falaba máis que dun venezolano que avergoñaba incluso ao colectivo que cría representar e defender. Baixabas a tomar un cubalibre e escoitabas chistes que días atrás contou un home desvalido ou un anano sen vergoña e sen gracia algunha ningún dos dous. Sentábaste na Calzada e alguén comentaba a un burlón que lle viña de facer as de Cristo a un incapacitado. 
Hoxe chegou o día de pagar por iso. Son apenas 15.000€ para quen os pagan, mais aos que sentíamos un profundo asco por tales personaxes é coma se ganarámo-la Champions. 
UN COMENTARIO DE FER PIÑEIRO PAZOS.


Ningún comentario: