24 de xan. de 2014

PARA HOSPITAIS E ESCOLAS NON HAI CARTOS, PARA IGRESIA SI

RAFAEL LOUZAN,   COS NOSOS CARTOS ABRAZA A DEUS
LOUZAN GASTA 180.000 € DE TODOS NOS NUNHA PROPIEDADE PRIVADA, A IGREXA DE RIBADUMIA.
A verdade que de vez en cando ainda hai periodicos e
periodistas honestos , non como outros que se dedican a adular as autoridades, e contanos a realidade  de que pasa ao arredor e así hoxe mesmo no Faro de Vigo podemos ver unha nova que si houbera un partido politico con “arrestos” presentarian unha denuncia  contra Rafael Louzán e Salóme Peña por presunta malversación de caudais públicos. Porque o da Igrexa de Ribadumia é un escándalo en toda regla, dinnos que non hai
cartos para hospitais e escolas pero si para darllos a unha entidade millonaria como é a Igrexa catolica, a Rafael Louzán vaille sair gratis o ceo grazas os nosos cartos Rafael abraza a Deus.
O Faro de Vigo contanos hoxe que o BNG critica que a Diputación e o Concello asuman todo o custo da obra, que ascende a 180.000 euros, e hai quen está en contra do novo piso de madeira .
A empresa Construcións Abal están colocando estes días os andamios para empezar a obra de reforma da igrexa de Santa Baia de Ribadumia. Os traballos consisten na limpeza exterior do templo, incluído o campanario, no cambio de fiestras e das canalizaciones de auga, na colocación dun piso de
madeira sobre o actual firme de pedra á vista, e na renovación dos equipos de iluminación e son. 
A obra realízase por un convenio entre o Arzobispado de Santiago, o Concello de Ribadumia e a Diputación de Pontevedra. Ten un orzamento de 180.000 euros, dos cales o ente provincial aporta 165.000 e o Concello os 15.000 restantes. A actuación iníciase dentro duns días, e ten un
prazo de execución de catro meses. A empresa comprometeuse a que a obra non afectará á actividade parroquial, salvo durante os dous ou tres días en que se estea colocando o novo chan. 
O obxectivo da actuación é resolver os problemas de filtración de humidades e de frío que se producen no templo, pero non está exenta de polémica. O BNG emitiu onte un comunicado no que acentúa a reforma de "gran despilfarro", tendo en
conta o momento de crise e que a Igrexa non aporta nada económicamente. Ademais, hai veciños da parroquia moi molestos pola colocación de madeira sobre a pedra do piso, ao considerar que é "un atentado contra o patrimonio histórico" e que afea por dentro o templo. 
A este respecto, a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Pena sostén que o proxecto conta co visto bo da Dirección Xeral de Patrimonio, e que a colocación de
madeira decidiuse "porque a pedra está moi deteriorada e iso provoca un paso constante de humidade. Ademais, o piso é moi irregular". En canto ás declaracións do portavoz do BNG, Xoán Antonio Allegue, a regidora replica que "as igrexas forman parte do noso patrimonio e hai que facer un esforzo entre todos por conservalas en bo estado. Ademais, as condicións actuais da igrexa son malas polo frío e a humidade". 
OS VECIÑOS PAGAN A OBRA NOUTRAS PARROQUIAS 
O concelleiro do BNG de Ribadumia, Xoán Antonio Allegue considera "un gran despilfarro" a reforma da igrexa con diñeiro público "nun momento en que a prioridad deben ser as persoas, especialmente as máis desfavorecidas e peor tratadas pola crise". Para o concelleiro nacionalista o PP desa localidade mostra ás claras as súas prioridades, e engade que esta obra non
beneficia a Ribadumia. "O único beneficiario desta actuación é a Igrexa". 
Noutras parroquias que teñen problemas coas súas igrexas son os veciños os que realizan unha colecta para reunir os fondos suficientes, con independencia de que poidan recibir algunha subvención. En Caleiro (Vilanova), por exemplo, os veciños reuniron diñeiro, e tamén hai unha colecta en marcha para a da Pastoriza, igualmente en Vilanova. E en Meaño os veciños arranxaron a capela de San Amaro.
Entón porque en Ribadumia Rafael Louzan cos nosos cartos  fai da súa capa un saio. Vivimos nun pais ede necios.
Parecenos ben a actitude do BNG en elevar a súa mais enerxica protesta por esta “cacicada” de Louzán, pero deberia ir mais alo e presentar denuncia no xulgado por estos feitos.
De agora en diante se alguen do PP ou aifn a este partido vos volven a dicir: "Non hai cartos", decidelle "Vaite a merda".


Ningún comentario: