17 de feb. de 2014

A MEGALOMANÍA DE LUÍS ARAGUNDE

O  DE LUÍS É FACER GRANDES COUSAS QUE NON VALEN PARA NADA
Temos un alcalde que practicamente non vale para nada, ademais de ser un moneco nas mans
A futura praia de Aragunde
(Fotomontaxe:MONTAADICTOS)
de Tourís e de Louzán.   Luís quere pasar a historia como o Alcalde que constrúe as famosas comportas do Saco e a tan ansiada praia do Pombal, ignoramos ate o momento   se  vai haber especulación urbanística ou non,  e cal é o fin , probablemente espurio,  destas comportas .
Foto: #luisarajunde 
Non entendemos que este home empeñase en facer unha obra  que vai prexudicar a un sector que ven a ser o hoxe por hoxe o motor económico do noso pobo tal e como son a xente do mar e mais concretamente a Agrupación de Mariscadores a Pe da Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados.  Luís  presidente dunha comisión que el mesmo nomea e na que inclúe o imputado “Pelea”, incumpre as recomendacións feitas pola propia consellería de Medio Ambiente. A palabra de Luís
Foto: #luisarajunde
Aragunde vale menos que un patacón. Sempre dixo que non inauguraria as comportas se non houbera Saneamento do Saco e xa veredes como non vai ser así. 
Luís Aragunde tamén estuda presentar
#luisarajunde
proxectos conxuntos con Brasil e Portugal en materia Turística,   e que dicir do estrepitoso fracaso da candidatura a Cidade Europea do Viño, cun viaxe a Marsala  que nos custou un pico os cambadeses para que Luís se fixera ver. E pasalo ben un par de noites.
Luis Aragunde en Marsala.
Mentres o concello manga por ombro, os veciños da Modia ségueselle sen solucionar o tema, cada  vez hai mais “chupóns no concello”, o Pinal de Maza un verdadeiro desastre,   camiños sen permiso,  no Colexio Magariños chove mais dentro que fora etc etc.  Como di o dito “Zapatero a tus zapatos”.

Ningún comentario: