7 de feb. de 2014

A PRESUNCIÓN DE INOCENCIA

TEMOS OS CAMBADESES DEREITO O PRINCIPIO DE PRESUNCIÓN DE INOCENCIA?
O PAPEL DE LUÍS ARAGUNDE NESTE TEMA.
Quero escribir este artigo estando tranquilo e sosegado, quero escribir este artigo dende a tranquilidade, non quero “escupir cousas” das cales me vaia a arrepentir , pero tamén vos digo que quero ser xusto e facer xustiza a unha
familia de Cambados que o esta a pasar moi mal , sendo  vilipendiado un dos seus membros inxustamente por todos os medios de prensa, e que todos en Cambados sabemos de quen falamos.
QUE É A PRESUNCIÓN DE INOCENCIA?
O principio de inocencia ou presunción de inocencia é un principio xurídico penal que establece a inocencia da persoa como regra. Soamente a través dun proceso ou xuízo no que se demostre a culpabilidade da persoa, poderá o Estado aplicarlle unha pena ou sanción. 
O dereito á presunción de inocencia debe estar presente en todas as fases do proceso penal e en todas as instancias do mesmo. A diferenza do proceso penal no sistema inquisitivo
no cal bastaba que existise unha denuncia penal en contra dunha persoa e a referencia da súa comisión por dúas testemuñas para que puidese poñerse en cuestión a reputación do denunciado. 
CERTA PRENSA IMPRESENTABLE
O pasado mércores 5 de febreiro de 2014 un “periodicucho” galego de “cuyo nombre no quiero acordarme”, publicaba na súa sección de Galicia un titular que dicía “Detienen a dos guardias civiles por pasar información a narcos”¡¡¡AFIRMANDO!!!. Ademais de publicar nome e
apelidos dos gardas civís misturaban a súa imaxinaria acusación coa operación na que fora detido o xefe da banda. Ademais publicaban nomes e apelidos completos dos gardas civís, e por riba publicaban  a foto dun deles aproveitando rastreiramente unha actividade social do mesmo; para que imos andar con rodeos, concretamente de “Pepiño”(como eu lle chamo cariñosamente).  A sarta de burradas que di o artigo solo cabe na enferma cabeza da periodista que “presuntamente o escribiu”. Por poñervos un exemplo cando di no  artigo “fuentes de la investigación”, isto é totalmente mentira, cando vexades nun periódico e mais neste o que me refiro “fuentes de la investigación”
equivale e dicir “invención da periodísta que escribe o artigo”. Na redacción de Arousa deste periódico que eu saiba traballan tres persoas de Cambados, as tres coñecen perfectamente a “Pepiño” algunha delas incluso se ten divertido con él, as tres saben que “Pepiño” non se adica o que di no artigo nin por asomo, non me creo que ningunha delas lle dixera a que “presuntamente” escribiu o artigo “Ten coidado , non nos vaiamos a columbiar”. Todos, ou case todos en Cambados
temos moito que rascar no asunto do “rollo” incluídos moitos periodistas. Alguén neste panfleto que se denomina periódico pensou no mal que o pasou a familia de Pepiño o ler este artigo. Que pasará o día que absolvan a Pepiño?, so espero vivir para cando chegue ese dia poñer a caer dun burro a quen escribiu isto. E aquí deixo o tema deste periódico, pero sabemos moitas, pero moitas cousas mais que podiamos facer "sonrojar" a certos periodistas, como de seguro eles creen que saben de min.
O PAPEL DE LUÍS ARAGUNDE NESTE TEMA
Onte Luís Aragunde , impregnado do cinismo que o caracteriza falou en Radio Arousa deste tema e pouco menos que entre el e o comentarista de Radio Arousa ( por certo,  emisora que emitía publicidade de Pazo de Baión -e doutras empresas de narcos- cando Laureano era propietario do mesmo) pouco menos que sentenciaron os dous gardas civís cambadeses. O noso alcalde ten medo que se vincule a Cambados co narcotráfico por medio de
Pepiño e mais do seu compañeiro.  O noso Alcalde tan afanado as veces en pregoar a presunción de inocencia para os do seu partido no caso Pokemon, en pregoar a presunción de inocencia para Tourís no caso Arzúa, en pregoar a presunción de inocencia para Feijoo nas famosos fotos con Marcial Dorado ou en pregoar a súa propia inocencia na querela que lle acaban de presentar contra el.  Dilapida gratuitamente a dignidade de Pepiño e do seu compañeiro como  si nada. 
Non me gustaría sacar estes temas en público, pero en Cambados coñecémonos todos. Luís coñece perfectamente a Pepiño e incluso tivo tratos con él no aspecto de
contratacións musicais, Luís coñece a súa familia e o seu abó e sabe da conduta exemplar da mesma.  Porque Luís nesta emisión de radio non dixo, como debía de dicir: “imos a esperar acontecementos, a investigación está en marcha,  existe o principio de presunción de inocencia e cando haxa sentencia e se son  condenados xa diremos o que teñamos que dicir.” Non,  adicáronse a falar de garavanzos negros dentro da  Garda Civil e sobre todo insistía en limpar o nome de Cambados.
Non me gustaría rematar este artigo sen facerlle unhas cantas preguntas a Luís Aragunde:
Quen pagou a sede de certo  Partido Político de Cambados?
Quen pagou na época dorada do contrabando en Cambados as campañas políticas de certo Partido Político, sobre todo a nivel municipal?
Quen de certo Partido Político,  ía a buscar maletíns cargados de cartos a certo oficina de certo club de Cambados en vésperas de campañas electorais?
Que empresas e persoas pagan e subvencionan na actualidade  e dende fai anos o programa  de certo Partido Político en Cambados?
Nunca entrei nin quero entrar na vida privada de Luís Aragunde, pero Luis ¡coño! vivimos en Cambados, sabemos que con vas de viños, sabemos a que festas vas, sabemos  con que van vas a certos lugares en fin non me gustaría seguir por este camiño nin quero. Pero ti vesnos a dicir que tes medo que se mancha o nome de Cambados co narcotráfico…non nos fagas rir.
Solo vou dicir unha cousa con nomes e apelidos porque foi publicado en Vanity Fair e o de Laureano Oubiña cando recoñece  financiar a partido no que milita o noso Alcalde.
Querido Luís, debías de saber que imputar non é sentenciar e ti ben o sabes porque estás querelado por falsificación en documento público. Non se pode ver a palla no ollo alleo e non ver a viga no propio.
Pertences Luís a un dos  partidos mais corruptos do estado español,  e ti vesnos a dar leccións de decencia. En fin Luís poderiamos seguir escribindo sobre o tema do “rollo” e a relación con certo Partido Político,  pero ímolo deixar aquí por non aburrir aos cambadeses, entre outras cousas porque estes xa saben o que hai, solo remato dicindo unha cousa: Eu confío plenamente  na inocencia de Pepiño, e ti?

Ningún comentario: