8 de feb. de 2014

O RESTAURANTE RIBADOMAR DE CAMBADOS NA TVG

O PROGRAMA “XANTAR” EMITIRASE O 15 DE FEBREIRO
  O Restaurante Ribadumar e un local familiar, situado nas inmediacions da zona monumental de
Fefiñans, en Cambados, vila que pola súa privilexiada situación conta produción propia de mariscos e peixes de extraordinaria calidade extraídos da ubérrima Ría de Arousa. 
Estas delicias pódense saborear neste restaurante ao amor do inigualable viño Albariño, "príncipe dourado", producido nestas terras do val
do Salnés. Na sua adega ademais do afamado Albariño conta cunha extensa variedade de reservas e cavas. 
Resumindo, ofrecenche un establecemento de alto "standing" nun lugar que ben merece o cualificativo de remanso de paz. 
HISTORIA DO RESTAURANTE RIBADOMAR 
O propietario, Manuel Ribadomar, herda o seu coñecemento
gastronómico do seu pai, Manuel Ribadomar Peña, propietario do famoso Restaurante “O Arco” inaugurado en 1965. 
Manuel exerceu alí como xefe de comedor e relacións públicas ata que decidiu abrir o seu propio restaurante. 
No ano 1988 o Restaurante Ribadomar abriu as súas portas
e Manuel pasou a ocupar o posto de cociñeiro pero sen deixar de exercer como relacións públicas xa que o trato co cliente é algo que a Manuel encántalle. 
Desde o ano da súa apertura xa é infinita a lista de clientes incondicionales polas súas especialidades e pola relación calidade-preciar. 
O RESTAURANTE, A SÚA CASA. UN LUGAR ACOLLEDOR 
Ribadomar é un restaurante de Cambados, centro do val do Salnés e de ría de Arousa, mundialmente coñecido polo seu afamado viño albariño, os seus mariscos
e peixes provenientes de ría. 
Dispón de dous comedores, un con capacidade para 50 persoas e outro máis pequeno con capacidade para 20 ó 25 persoas. A decoración no comedor pequeno é máis moderna e innovadora para combinar dous estilos diferentes no mesmo Restaurante.
  A Televisión de Galicia gravou no Restaurante
"Ribadomar" para un novo programa sobre a comarca del Salnes. "Xantar" emitirase o sábado 15 de febrero a las 9:00 da mañá.
Tambien será emitido en América latina e en Canal +.
O vindeiro fin de semana 14 e 15 de febreiro ofrecen o “Especial San Valentín” que consiste unha noite no Hotel Ribadomar sita a carón do restaurante na rúa Real que inclué cea no Restaurante Ribadomar. A cea consiste nunha ducia de ostras, centola da ría, lenguado con zamburiñas, fresas con nata e cava, todo elo polo prezo de 125 €
Tendes a vosa disposicion o menú de "San Valentín" no Restaurante Ribadomar, sin a opcion del aloxamento no Hotel Real Ribadomar. http://www.ribadomar.es/

Ningún comentario: