9 de feb. de 2014

ARRANCAN AS ESTACAS DO NOVO CAMIÑO QUE BENEFICIARÁ OS VECIÑOS DA AVDA. PASTORA

FEITO CONDENABLE E CRITICABLE.
O outro dia FARO DE VIGO, publicaba na súa secciónde Arousa que a empresa que vai abrir un camiño entre
Castelao e San Roque, no centro de Cambados, encontrouse con dous obstáculos para iniciar as obras. E é que ao forte temporal que azoutou a bisbarra  uniuse o feito de que "desapareceran" boa parte das estacas colocadas no seu
día nas marxes da senda, e que marcan ata onde teñen que traballar as pas escavadoras.
Así as cousas, a empresa terá que esperar a un levantamento topográfico para actuar en determinadas zonas. O camiño ábreo o
Concello, con fondos da Deputación, e un dos seus obxectivos é facilitar o paso dos tractores ata os terreos da Pastora e Santa Mariña.
Estas actitudes son e deben ser condenables e criticables, pois e un camiño que benificia a todos,  e polo que loitaron os veciños da Avda. da Pastora. 


Ningún comentario: