9 de feb. de 2014

O CEREBRO INFORMÁTICO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA FIXO “CRAK”

A CPD CUSTOUNOS A TODOS NOS  MAIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS.
O 3 de outubro de 2012 o presidente da Deputación, Rafael Louzán, acompañado polo Conselleiro de Xustiza e Administracións Públicas, Alfonso Rueda, e o
técnico responsable de Novas Tecnoloxías da entidade provincial, Amancio Varela, presentaban o novo Centro de Proceso de Datos (CPD) da Deputación de Pontevedra.
O CPD é lugar físico onde se aloxa toda a enorme infraestrutura do Plan eDepo; o centro
neurálxico de todos os servizos que a Deputación ofrecerá a concellos e ós seus propios centros a través deste plan.
Se os servidores, equipos de comunicacións, cabinas de almacenamento, e demáis son o contido do Plan eDepo a CPD é o continente.
Esta infraestrutura quedou  disposta no soto do novo edificio
administrativo da Deputación, antiga sede de Educación en Pontevedra, gardado cama un tesouro.
Dende o pasado  xoves 6 de febreiro a deputación de Pontevedra, ao parecer,  quedou sen a maior parte dos seus servizos, debido a que deixou de funcionar parte do seu CPD (Centro de Proceseo de Datos) e agardan que ata dentro de unha semana non esté operativo o servizo, afectando ao ORAL, despóis de gastarse máis de medio millón de euros nisto aos poucos meses de poñelo en marcha.
Non se pode acceder á documentacion, nin correo e os concellos non poden acceder aos recibos de recadación que lles xestiona o ORAL.

Ningún comentario: