13 de feb. de 2014

ESPECTACULAR CONCERTO EN CAMBADOS O VINDEIRO 23 FEBREIRO

EN “SESIÓN VERMUT” AS TRECE HORAS, O GRUPO FOLK “ContraAsCordas” NO AUDITORIO DA XUVENTUDE DE CAMBADOS.
ORGANIZA: ASOCIACIÓN CULTURAL XIRONSA DE CORVILLÓN.
O dia 23 de febreiro os cambadeses non podemos perder un espectacular concerto de musica folK que vai ter lugar no Auditorio de Cambados  nun horario moi especial. Teremos a gupo ContrAsCordas en sesión vermut o vindeiro domingo 23 de febreiro as 13 horas. Do mesmo forma parte o gaiteiro
cambadés Nacho González,  unha persoa namorada das nosas tradicións que trasmite o seu amor a  elas actualmente, entre outros, na Asociación Cultural Xironsa de Corvillón que é precisamente quen organiza este concerto coa colaboración do Concello de Cambados. Ainda que neste grupo Nacho encargase do acordeón diátonico. 
ContrAsCordas é como se denomina este grupo de rapaces do 5º curso do Ciclo Avanzado da ETRAD de Vigo, que son:
Vero Bacelo: percusións
Marina Fernández: gaita
Nacho González: acordeón diatónico
Marta Martínez: requinta
Sito Muíños: gaita
Fran Pereiro: zanfona
Antonio Prieto: zanfona
Felipe Rodicio: violín
Olalla Vidal: arpa celta.
Pero os que non poidades asistir non vos preocupar porque ese mesmo día están a vosa disposición as 18.30 horas no Centro Cultural de Dena: 



Ningún comentario: