12 de feb. de 2014

UNHA CAMBADESA DIRIXE UNHA DAS TELEVISIÓNS MAIS MANIPULADORAS DO ESTADO ESPAÑOL: A TVG

Rosa Vilas
ROSA VILAS DE VILARIÑO , PERTENCE A UNHA FAMILIA AFIN  AO PP CAMBADÉS.
O BLOG EUNONMANIPULO DENUNCIA VERDADEIRAS "CAFRADAS" DOS INFORMATIVOS DA TVG
O blog EUNONMANIPULO foi creado polo Comité de
Rosa Vilas
Empresa da Televisión de Galicia para denunciar a MANIPULACIÓN INFORMATIVA que sofre a canle pública, dirixida pola cambadesa Rosa Vilas, e para demandar a creación do ESTATUTO PROFESIONAL que establece o artigo 36 da Lei 9/2011 de 9 de novembro dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, que contempla a creación dun CONSELLO DE INFORMATIVOS para a Corporación RTVG.
A manipulación na TVG chega a tales extremos que por poñer algúns exemplos:  o dia que se destapou o escándalo dos papeles de Barcenes, a TVG abria o telexornal co aseguinte nova: “Choivas en Galicia”. 
O 14 de novembro: A Televisión de Galicia informa dos documentos que a Xunta trasladou ó Parlamento para acreditar os pagamentos ás empresas do narcotraficante, Marcial Dorado. Este é o video que ofreceu a TVG.
Malia que se fala delas, e son o eixo da noticia, non hai nin rastro das famosas fotos nas que o presidente da Xunta aparece acompañado do narcotraficante.
Unha das primeiras leccións que se aprenden na facultade é
que a imaxe en televisión é a base da noticia. Sen elas, non hai noticia. Se se fala do afundimento do Prestige, terá que saír o barco; se se informa do accidente de Angrois, terá que salir o tren sinistrado; e así miles de exemplos.
Por que non apareceron no Telexornal? Dende EUNONMANIPULO están  convencidos de que a culpa non é da redacción, senón da directora da TVG Rosa Vilas, afin
Pilar Bermudez
ao PP,  e da Xefa dos Informativos Pilar Bermudez que chegou a ser interventora do PP en varios comisios electorais que cumplen ordes directas de Feijoo e os seus conselleiros.
Non é a primeira vez que a TVG evita a difusión das polémicas fotografías.
O mércores 6 de novembro, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán (PP), comparece no Parlamento de Galicia para dar conta do orzamento dese organismo provincial para o ano 2014, que ascende a 146 millóns de euros.
Mentres Louzán falou de que a Deputación é “solvente” e mantén unha “política rigorosa”, a oposición lánzalle duras críticas. O PS de G-PSOE achacoulle “prácticas
clientelares”; AGE acusouno de usar os cartos como se fosen do PP e non diñeiro público, e o BNG cualificouno de auténtico “cacique”.
Case todos os medios galegos falan da comparecencia, e fanse eco das declaracións de Louzán e dos membros da oposición: EUROPAPRESS , FARO DE VIGO, PRAZA PUBLICA, LA OPINIÓN
Dicimos -unha vez máis- “CASE” todos os medios porque a TVG NON DA ABSOLUTAMENTE NADA NOS SEUS TELEXORNAIS MEDIODÍA E SERÁN.
Parece estrano porque -coma case sempre- poderían dar a noticia manipulada e dun xeito partidista a prol do propio Louzán e do PP… pero non.
Será unha estratexia para evitar dar a comparecencia de Gómez Besteiro (PS de G-PSOE) cando acuda a explicar os presupostos da Deputación de Lugo que preside… ???
Estes son só algúns exemplos dos que podes ver no blog EUNONMANIPULO, insistimos feito polos propios traballadores da TVG
Aparte de manipulación a TVG adicase a facer vinganzas entre os seus traballadores así os presentadores Alfonso Hermida e Ana Perez  presentadores  do informativo reivindicativo dos traballadores da crtvg durante a xornada de folga en contra da reforma de lei dos medios públicos galegos fixeron no do 2011, foron relagados a tarefas insiginificantes na redacción de informativos.
Feijoo con Sanchez
Todo isto evidentemente co visto e prace do Director da CRTVG Alfonso Sanchez-Izquierdo, dixiltamente elexido por Feijoo.
Esto querido Alcalde Luis Aragunde si é mancillar o nome de Galicia e o nome de
Cambados, e non nos extranaria nada que calqueira dia vexamos a directora da TVG premiada nunha gala do Albariño. Cambadeses así son os que rexeitamos.



Ningún comentario: