20 de feb. de 2014

LUÍS ARAGUNDE, DESASTRE DE ALCALDE

GRAN CULPABLE DE QUE A DIRECTIVA DA PASTORA DIMITA EN BLOQUE.
UNHA DIRECTIVA EXEMPLO PARA OUTRAS DE CAMBADOS.
O quince de setembro pasado publicabamos neste mesmo
blog a seguinte noticia: “A COMISIÓN DE FESTAS DA PASTORA DIMITE EN PLENO.POR DIFERENCIAS CO ALCALDE LUÍS ARAGUNDE.”
Diciamos na no en cuestión que “…se houbo en Cambados unha festa este verá, aparte do Albariño, que brillara con luz propio esta non
foi outra que a Festa da Pastora. Cando Marisa Pérez e a súa directiva colleron fai a lo menos seis anos anos esta festa, a mesma estaba a piques de desaparecer , eles con traballo e esforzo sacaron adiante unha festa practicamente na UVI, ata poñela no mais alta das festas de Cambados.  Sen ir mais lonxe, e aquí case todas as redes sociais coincidiron no mesmo, o mellor concerto do verán en Cambados esta no, foi o de “Los Caciques” o sábado da Pastora e a mellor verbena con diferencia esta ano na Praza do Concello foi sen lugar a
dúbidas a da Pastora cunha espectacular orquestra  e un palco digna da s mellores orquestras de Galicia e non foron outros que Os Satélites da Coruña. A recuperación da Imaxe da Pastora  que estaba totalmente “apolillada” foi outro dos seus grandes logros, así como a recuperación da musica tradicional.  A comisión queixase de que Luís Aragunde fai xa varios anos faga coincidir outros eventos coa Festa da Pastora, eventos que a maioría se realizan no paseo da Calzada e que a Comisión entende que lle restan xente e protagonismo a festa, e isto ven pasando
practicamente dende que a nova directiva fíxose cargo da mesma. Fai uns días a presidenta Marisa Perez e outro membro da comisión concretamente José Luís Martinez Bugallo “Loino”, tiveron unha charla cara a cara co alcalde onde lle fixeron ver  que non estaban conformes coa política de festexos sobre todo no mes de Agosto e concretamente no fin de semana que se celebraba
a Festa da Pastora,  comentáronlle tamén o Alcalde que esta era a ultima festa que organizaban e que podía “ir buscando” outra Comisión de Festas. Tamén lle  dixeron que  que outras Comisións non estaba a recibir o mesmo trato que co súa.
Dende este blog a nosa admiración  e noso aplauso a esta directiva que puxo o listón, moi pero moi alto, e o peor de todo é  que por ineptitude do noso alcalde teñan que irse.””
Ate  aquí a nova que publicamos, insistimos o 15 de setembro pasado porque tiñamos información de primeira man. Hoxe no Faro de Vigo a presidente Marisa Pérez a quen os cambadeses lle debemos de agradecer que despois do Albariño fixera a festa mais grande Cambados, e a toda súa directiva formalizan a súa dimisión definitiva por culpa de Luís Aragunde, da unha entrevista que polo seu intereses reproducimos integramente a continuación: 
O CONCELLO ORGANIZA ACTIVIDADES QUE NOS RESTAN MOITA XENTE Á ROMARÍA´ 
"DEBERÍAN PROMOCIONAR MÁIS O MONTE E O MIRADOR, QUE É UN SITIO
PRECIOSO" 
MARISA PÉREZ - ABANDONA A COMISIÓN DE FESTAS DA PASTORA 
Marisa Pérez Cores é unha veciña de Cambados de 63 anos que se encarga desde fai décadas do coidado da capela do monte da Pastora, e que desde fai sete anos preside a comisión de festas que organiza en agosto unha popular romaría dedicada á Virxe. Tanto ela como os seus
compañeiros de comisión decidiron abandonar. 
-Por que chegaron ao extremo de deixar a organización? 
-Desde fai tres anos atopámosnos/atopámonos con que o Concello organiza actividades o mesmo fin de semana en que nós celebramos a romaría da Pastora, e iso réstanos moita xente. Estamos decepcionados porque estes últimos anos está subindo moi pouca xente ao monte e a nosa é unha das romarías máis antigas e tradicionais de Cambados. 
-Cabo a posibilidade de que aínda poidan cambiar de opinión nos próximos días? 
-A marcha é irrevogable. Dos nove que estamos na comisión non quere seguir ninguén. 
-Déixao con tristeza? 
-Como non me vou a ir triste logo de toda unha vida? Recordo ir á romaría da Pastora desde que teño uso de
razón. E xa non é só a romaría. Nin sequera recordo cando empecei a coidar a capela. E iso tamén o deixo. 
-Quen se queda entón coas chaves? 
-Vounas a deixar no Concello. Quen se queira facer cargo da capela terá que recollelas alí. 
-E si agora ninguén se fai cargo nin das festas nin do coidado da capela? 
-Sería para nós unha pena enorme. Por iso esperamos que haxa alguén que colla as festas e que os demais veciños colaboren con eles. 
-En que estado de conservación atópase a capela? 
-A capela está ben. Nese sentido si lle estamos agradecidos ao alcalde porque fai uns catro anos o Concello botoulle o tellado. 
-Ten o monte da Pastora os visitantes que se merece? 
-Non, e é un sitio precioso. Creo que o Concello debería promocionalo máis, tanto o monte como o mirador e aproveitar que os turistas xa soben ata as ruínas de Santa Mariña.





Ningún comentario: