19 de feb. de 2014

LUÍS ARAGUNDE: DONDE DIJE DIGO, DIGO DIEGO.

O ALCALDE RECÚA NO TEMA DA PEONALIZACIÓN DA RÚA ISABEL II
O outro dia limos atónitos o Faro de Vigo o cal nos contaba que o Concello apraza a peonalización  da Rúa Isabel II de Cambados para estudar
outras alternativas, cando o propio Luís Aragunde dixera “a bombo e platillo” que Isabel II ía a ser peonalizada. Non lle debe de gustar isto de peonalización ao noso Alcalde, e aparte deste caso temos o famoso da peonalización da Praza de Fefiñans.  O problema é saber aquí porque Luís Aragunde no prazo duns días
cambiou de opinión, o asunto e que estamos gobernados por un incompetente pois antes de dar unha solución definitiva a unha rúa hai que facer un estudo para iso conta con seis asesores inútiles que nos custan os cambadeses mensualmente mais de 15.000 euros mensuais. Tampouco se descartan presións dalgún que outro veciño con bastante poder no partido.  O mais anecdótico de todo e que  pola rúa
Isabel II só se pode acceder a rúa Pontevedra, pola cal tamén se pode acceder  pola Praza Ramón Cabanillas, ou sexa que o ideal é que Isabel II fora peonil.  Por certo na Rúa Isabel II non hai nin doce nin seis locais abertos o público, senón que agora mesmo só hai tres, unha copisteria, unha taberna e un pub.  Luís o centro de Cambados debía de ser peonil, son servizo só para carga e descarga, a ver se aprendes neste tema un pouquiño de Lores en Pontevedra.



Ningún comentario: