4 de feb. de 2014

NOITE FECHADA EN CONCERTO

O VINDEIRO DÍA 21 DE FEBREIRO NO BB+ DA RÚA INFANTAS DE CAMBADOS
Despois dunha exitosa tempada de verán onde os Noite
Fechada “Racharon coa Pana”, chegando o clímax  de actuar na festa Vikinga de Catoira , unha das grandes festas do calendario nacional, os nosos amigos de Noite Fechada xa comezaron a tempada de inverno  e que nos saibamos xa actuaron o pasado catro de novembro
no Pub D4 de Cambados  e tamén participaron no Sixtorock´13, se non nos esquecemos de ningún concerto mais. O vindeiro 21 de Febreiro a partir das doce da noite  estarán no Pub BB+ de Cambados, sito na rúa infantas da nosa vila e como saben que os tempos están complicados a entrada será gratuíta.  Non te podes perder a estes fenómenos do rock, coa súa frescura, coas súas versións, coa súa orixinalidade e sobre todo coa súa forza no escenario.



Ningún comentario: