NUNHA XUNTANZA QUE A FLOTA DO CERCO LEVOU A CABO HOXE MESMO EN PORTOSIN.
Portosín converteuse hoxe no punto de encontro de todos os armadores do cerco de Galicia. Ata a localidade sonense
chegaron máis de cen empresarios para falar dun problema capital: a repartición da xarda. De feito, os barcos deste arte están parados para protestar polo borrador da repartición da especie entre as comunidades do Cantábrico.

A flota de cerco de toda Galicia prepara un contraataque para conseguir os seus obxectivos en canto ao reparto de cota de xarda e jurel que propón a Secretaría Xeral de Pesca. Os armadores cotexaron todos os datos de captúras históricas por buque que manexa o Goberno, nas que constatan que hai unha serie de erros de vulto que fai que
esta forma de levar a cabo o reparto non sexa fiable e resulte inxusta para os preto de 150 buques galegos.
esta forma de levar a cabo o reparto non sexa fiable e resulte inxusta para os preto de 150 buques galegos.
As cifras, que corresponden aos anos comprendidos entre 2002 e 2011, non teñen en conta feitos como os que denuncian os armadores, que critican que hai barcos galegos que pescaban xarda e descargábana no País Vasco, pero logo desde os portos
vascos non mandaban os datos de capturas á Secretaría Xeral de Pesca.
vascos non mandaban os datos de capturas á Secretaría Xeral de Pesca.
Por todo iso, este sistema resulta "inxusto" para a flota galega, pero non así para a de Euskadi.
Os armadores, os principais damnificados, séntense indefensos e ven perigar os seus postos de traballo ante un
reparto que consideran "unha ruína".
reparto que consideran "unha ruína".
Coa cota actual por buque, o traballo daría para pouco máis de dúas semanas na maioría de casos, polo que consideran que é moi difícil saír adiante e que o sector prolifere.
Polo que remataron a xuntanza pedindo a dimisión inmediata do presidente da Federación de Cofradías de Galicia, o cambadés Benito González a quen consideran un home de paia do PP e polo tanto da Secretaria Xeral de Pesca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario