“NON VOU ADMITIR LECCIÓNS DE MORALIDADE DA QUE FOI PORTAVOZ DO GOBERNO MAIS CORRUPTO DA HISTORIA DE GALICIA”
Sra. Prado lembro perfectamente cando Vde. o día once de xuño de 2013 pasado expresaba a absoluta reprobación
 |
Prado con Conde Roa |
polo apelativo que eu lle adiquei a Vicepresidenta do goberno Sra. Sainz de Santamaria (Chochito de Oro), ademais dicía Vde, que “atentaba” á dignidade da muller que era a segunda autoridade de España e consideraba que este tipo de manifestacións facíanlle un fraco favor á política, cría Vde ademais que o apelativo era absolutamente desafortunado e remataba Vde pedindo a miña dimisión o que o BNG lle
 |
Prado Con Currás |
ofreceu en bandexa de prata.
Resulta que estes dias levo lendo que a Pokemon tamén a salpica a Vde, e a gran parte do seu partido aparecendo conversas comprometidas súas no sumario. Que casualidade que nesta operación hai imputados varios altos cargos do seu partido e mais do partido socialista e tamén algún que outro do
 |
Con Negreira |
BNG. Que casualidade que nin Vdes nin os do PSOE piden a dimisión uns dos outros porque chegaron a un acordo tácito entre Vdes. Que casualidade que Vde considera mais grave que un concelleiro de pobo chame “Chochito de Oro” a quen realmente o merece que roubarlle cartos os cidadáns aproveitándose do seus cargos públicos. A súa moralidade e a súa ética Sra. Prado non lle vou dicir onde meto por
 |
Con Espadas. |
respecto as moitísimas mulleres que me apoiaron dicíndome que fixera ben en chamarlle “Chochito de Oro” a “Chochito de Oro” e que fixera mal en dimitir. Eu segundo Vde. facíalle un fraco favor a política, un concelleiro que gaña un soldo de merda comparado co seu e que lle custaba cartos ser concelleiro, mentres Vde e os do seu

partido enchen os petos de cartos a iso chámalle Vde dignificar a política. Acaso Sra Prado a súa actitude e de varios membros do seu partido non atenta contra a dignidade humana?. Dende logo eu non vou admitir leccións de moralidade da que foi
portavoz do goberno mais corrupto da historia de Galicia, o de Santiago de Compostela e agora portavoz dun dos partidos mais corruptos da historia da súa España.
Aquí lle deixo Sra. Prado un vídeo moi breve dun actor , o cal eu admirei profundamente D. Fernando Fernán Gómez, e que lle adico a Vde, con todas as miñas forzas:
UNHA CARTA DE XAQUIN CHARLIN "CHON".
Ningún comentario:
Publicar un comentario