O CARTEL DO "DÍA" A PUNTA DE CAER SOBRE ELA.
Está claro que está cicloxénese está a traer moitos desgustos , e causar moito
dano nesta terra nosa. Fai tempo que non se lembra un inverno coma este. Hoxe mesmo o vento
en Corvillón-Cambados está a poñer en perigo unha casa que está a veira da "Dia". O cartel enorme deste supermercado foi dobrado polo vento e xa están a actuar no mesmo tanto os bombeiros, como a Policía local quen están a traballar de arreo para solucionar o problema e esperamos que non pase de aí dun simple susto. Ogallá ninguén teña que contar ningunha desgraza mais na nosa vila na nosa comarca e na nosa terra.

Sobre as sete da tarde foi retirado o cartel desaparecen o perigo na zona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario