NA FESTA DOS SALESIANOS, LUIS ARAGUNDE, CANTOU “O SOLE MIO”
Tranquilos todos, neste post non imos falar nada malo, crítico, pexorativo do noso Alcalde Luís Aragunde, senón todo o contrario. Como moitos sabedes onte tivo lugar a festa de San Juan Bosco, Patrón dos Salesianos no colexio de Castrelo. Neste evento o colexio sempre fai un bo xantar, no de onte había centolo, nécoras, camaróns, peixe e carne ademais de sobremesa e "chupito".
A este evento son invitados as forzas vivas do pobo, e alí estaban notario, garda civil, e como non tamén estaba invitado o noso “querido” Alcalde Luís Aragunde entre outras autoridades. Tamén van o evento dende fai algúns anos o grupo “Manso e amigos” este ano sen Manso, por estar convalecente dunha operación. Nun momento dado este grupo musical acercouse a mesa onde estaba o Alcalde de Cambados e invitárono a cantar, ao parecer non é a primeira vez que o facía, e “Luiggi Pavarotti”, arrincouse con “O Sole mio”, e abofé que non o fixo nada mal, segundo nos contou o noso confidente, segundo nos dixo ten unha boa voz e para ser un simple afeccionado díxonos que o fixo moi ben. A ver cando se arranca un día nos plenos e cántanos aquela que di “ No vamos a contar mentiras trailará… no vamos a contar mentiras….”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario