3 de feb. de 2014

O BNG PIDE Á XUNTA A POSTA EN VALOR DOS RESTOS ACHADOS EN SAN SADURNIÑO

HOXE A AREA BOTADA POLO CONCELLO FOI VARRIDA POLO TEMPORAL ASÍ COMO ALGUNHAS PEDRAS.
O grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a
través das deputadas Montserrat Prado e Ana Pontón, demandan ao goberno autonómico que tome medidas para o estudo e posta en valor dos restos de edificacións achados recentemente nas inmediacións da torre de San Sadurniño. As nacionalistas preguntan a Patrimonio si existe
algún estudo que arroxe algo de luz achega da orixe destas ruínas e piden que o seu descubrimento accidental non se quede en nada, como afirman que sucedeu fai dous anos no mesmo lugar. 
O BNG tamén demanda resposta ante a súa dúbida de si
Patrimonio autorizou que os restos fosen cubertos de area tras ser expostos polo temporal. "Ten previsto a Dirección Xeral realizar algunha actuación nesta contorna?", engade o grupo nacionalista, que tamén quere coñecer, si é que a resposta á anterior pregunta é afirmativa, cando se realizarían devanditos traballos. 
Segundo Prado e Pontón, en 2011, "outro temporal produciu os mesmos danos que agora e a solución provisional foi a mesma, tapar con area. E a esperar". Ambas temen que "a solución provisional que agora se volveu a tomar teña unha duración indefinida", por iso trasladan ao Parlamento de Galicia e a Patrimonio esta solicitude de intervención. 
Na opinión do BNG, o valor histórico dos restos achados en San Sadurniño é "indubidable" e, xa que logo, deben ser estudados e conservados. 
NOVA RECOLLIDA DE FARO DE VIGO.
HOXE A AREA BOTADA POLO CONCELLO FOI VARRIDA POLO TEMPORAL ASÍ COMO ALGUNHAS PEDRAS.
Sen ir mais lonxe un dos nosos seguidores de Santo Tome acábanos de enviar dúas tremendas fotografías do novo estado da Torre e parece ser calamitoso segundo se aprecia nas mesmas. Podemos ver como as inútiles
medidas tomadas pola noso Alcalde para “protexer os restos” foron borradas do maña polo derradeiro temporal, hoxe sen ir mais lonxe ademais de arrincar parte do muro, descubriu mais partes de muro que estaban sen descubrir noutras partes da torre. Agora o alcalde que vai facer traer 20 ou trinta camións de area e tapar a torre.

Ningún comentario: