3 de feb. de 2014

HOUBO PEORES RIADAS E NIN SE PRONUNCIARON.

“O BATUQUEIRO" CHEGA TARDE A PEDIRLLE RESPONSABILIDADES AO ALCALDE DE CAMBADOS , POLO PINAL DE MAZA.


As riadas deste ano do Pinal de Maza non foron as únicas , o ano pasado os veciños da Modia viviron momentos moi difíciles con constantes inundacións e quen estivo sempre o quite foi o BNG . Por iso dicimos que

chegan tarde cando o outro día lemos este titular  no Faro de Vigo”Os veciños de Vilariño esixen unha solución ás riadas do Pinal de Maza” 
A directiva de "O Batuqueiro" reuniuse co alcalde de Cambados e pediulle que force á propiedade a pechar a entrada que hai fronte á capela de San Antón. Onde estaba “o
Batuqueiro cando realmente entrou auga na capela e deixou todo feito un “cristo”. Si tanto interese teñen os de Batuqueiro en que se repare o de riada que se comparezan como acusación particular nas D. Previas 1360/12 que se seguen no Xulgado número 2 de Cambados polo presunto delito contra a ordenación de territorio, prevaricación e outros e que aínda continúan en trámite.
A directiva da asociación de veciños de Vilariño "O Batuqueiro" reuniuse co alcalde de Cambados, Luís Aragunde, para pedirlle unha solución definitiva ás riadas de auga e barro procedentes da leira coñecida como "Pinal de Maza", e
que segundo os veciños ata afecta ao atrio e a capela de San Antón, situada do outro lado da estrada.  A directiva non tiña só que reunirse co Alcalde,  tiña e ten o deber  que exixir deste,   o peche e senón tomar medidas. O non terlle mede ao
Alcalde de Cambados  que por agora non come a xente, e menos crua. 
O presidente da asociación, José Rodríguez suscita que "sería conveniente que pechasen a entrada á leira, porque é por aí por onde baixan as riadas. Antes a leira estaba pechada e segue tendo a entrada por detrás, así que se podería
facer o que pedimos". Con todo, parece ser que o alcalde respondeulles que a solución máis factible é que os propietarios da leira melloren o sistema de recolleita de augas coa instalación de arquetas máis amplas.  Todos sabemos que o Concello de Cambados leva gastado moitos cartos públicos en reparar as riadas do
Pinal de Maza, non en vano están metidos no allo todo un Delegado da Xunta e un concelleiro de Cambados, que son os propietarios das viñedos.
A este respecto, José Rodríguez argumenta que "si esa é a única opción viable, que o fagan, porque aí hai un
patrimonio que temos que defender", en referencia á capela da Modia. Por iso, o presidente de "O Batuqueiro" avanza que si non se arranxa pronto o problema "os veciños non descartamos tomar medidas máis drásticas".  Sr. Rodriguez,  quen ten que defender o patrimonio é Patrimonio da Xunta e non estar
"compinchados" co Alcalde e con Tourís. E en vez de  ameazar con mobilizacións léveas a cabo, iso si esperemos que Tourís non colla o telefono e chame a mais de un.
O "Pinal de Maza" alberga na actualidade un viñedo. Trátase dunha leira polémica, por canto o BNG de Cambados denunciou
no seu día que se tallaron as árbores que había antes para converter a propiedade nunha plantación de albariño sen contar cos permisos necesarios. Os nacionalistas levaron o caso aos xulgados ao considerar que o Concello mirou para outro lado ao haber polo menos dous cargos do PP vinculados coa propiedade.  Onde estaba Batuqueiro cando o BNG facía isto?
Nova recollida en gran parte de FARO DE VIGO.


Ningún comentario: