A DIA DE HOXE PROSEGUEN AS OBRAS COMO SI DUN ESCORIAL FORA
Dende fai mais de 10 meses a ponte que une Barrantes con Sisan, foi cortada o trafico rodado, para facer un estudio de
seguridade, devido que se apreciaban fendas no chan.
seguridade, devido que se apreciaban fendas no chan.
A ponte é un punto estratéxico na circulación viaria a nivel local, por este motivo no mes de Setembro habilitouse de novo para favorecer o transito de tractores nas labores de vendima.
Os estudios da Deputación concluíron con facer unha ponte nova, habilitando un presuposto de 450.000€. Despois de varios meses coa obra parada,argumentaron que era necesario reconsiderar o proxecto inicial, e concluíron que as zapatas da ponte debían ser mais anchas para favorecer a desembocadura do rio Armenteira afluente do rio Umia.
A dia de hoxe proseguen as obras como si dun Escorial fora, pero o que nos chama a atención tal e como se ve na foto, e que os técnicos non tiveran a ben un aumento na súa altura para favorecer a desembocadura do afluente.
Estes días sen haber inundacións na zona, solo en hora punta de preamar, observamos como o nivel da auga chega
a escasos 40cm de tocar nas novas vigas de formigón.Iso que a zona esta limpa de maleza, non quero pensar que vai pasar cando o rio arrastre paus e pedras e os deposite debaixo da nova ponte.
a escasos 40cm de tocar nas novas vigas de formigón.Iso que a zona esta limpa de maleza, non quero pensar que vai pasar cando o rio arrastre paus e pedras e os deposite debaixo da nova ponte.
Un artigo de Ricardo Lopez Costa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario