O ALCALDE TEN QUE LEVANTARSE DO “SILLÓN”.
A LUÍS ARAGUNDE NON LLE GUSTE QUEDAR EN EVIDENCIA CADA VEZ QUE INFORMAN SOBRE UN NOVO VERTIDO.
O BNG sinte e comprende que a Luís Aragunde non lle guste quedar en evidencia cada vez que informan sobre un novo vertido ou un vertedoiro incontrolado, pero é que tristemente e, desde hai moito tempo, ámbolos
asuntos convertéronse nun sinal da identidade da súa xestión no concello de Cambados.

Loxicamente o concello está obrigado a eliminalos e a loitar contra este tipo de prácticas que, ademais, no caso dos vertedoiros teñen doada solución. Pero o problema é que o concello só se adica a eliminar vertedoiros, esquecéndose
de utilizar outros importantes mecanismos cos que conta para eliminar estas malas prácticas. O concello esquécese de realizar calquera campaña informativa ou de educación cidadá neste tema. O concello esquécese de chegar ao cidadán.

O alcalde debe ser capaz de chegar ao cidadán e non facer coma sempre; agardar a que o cidadán se achegue a el. E isto puidemos comprobalo na problemática da Avenida da Pastora, no anegamento da rúa do Campo da Modia ou na apertura da pista das Quintáns. Sempre é o cidadán o que ten que ir a chamar á porta do despacho do señor alcalde e cun pouco
de sorte e tempo será recibido aínda que, posiblemente, non atendido e solucionado o seu problema.

Pois vai sendo hora de que o alcalde “vaia a xunto o cidadán”. Vai sendo hora de que se promocione o punto limpo; de que a parte da cadea que pecha a súa entrada, exista un cartel con día e horario de apertura, vai sendo hora
de que a páxina web municipal sirva para algo máis que para difusión de mera propaganda, vai sendo hora de que se fagan campañas nos colexios para educar aos futuros cidadáns, vai sendo hora de que nos locais parroquias haxa este tipo de información e se fagan campañas educativo-informativas…; en fin, que se o concello representa a Administración máis próxima ao cidadán, isto debe ser máis ca unha frase da campaña electoral. O alcalde ten que levantarse do “sillón”.

O BNG de Cambados tamén ben de presentar un escrito no que se considera insuficiente a contestación do concello ao escrito desta formación de data 15 de xaneiro de 2014 (R. E. nº 2014/208) sobre á realización de actividades (textualmente) de información, orientación e
prospección de emprego na que se nos informa que os 20.000 € consignados, estaban destinados á contratación de persoal técnico (asunto que segundo afirman, non foi recollido no citado acordo da acta da correspondente Xunta de goberno Local, por erro involuntario). Non dubidando de que a cuestión tratada fora do xeito descrito, mais pensamos que a información facilitada ao BNG resulta, totalmente, insuficiente e que seguen a existir datos que deberían ser aclarados, polo que solicitan que se respondan as seguintes preguntas e peticións:

1.- Que persoal foi contratado con esta subvención e por canto tempo?
2.- A praza ou prazas ofertadas, en relación con esta subvención, responderon a algún tipo de concurso público? En calquera dos casos, o BNG solicita ter acceso á documentación sobre dito concurso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario