9 de feb. de 2014

O DOCUMENTAL “ENTRE PARADAS” EXHIBIRASE O DÍA 22 DE FEBREIRO EN CAMBADOS.

NO MESMO ACTUA A CAMBADESA OLGA GONZALEZ VILAS, DIRECTORA DE TEATRO CARACOL.
O proxecto de integración social «Entre paradas», realizado pola Asociación para a Prevención de Accidentes de Tráfico
JORGE COIRA
(PAT), que converteu os autobuses urbanos de Ourense nun improvisado teatro no que se representaban pezas de autores da xeración Nós, e aproveitábase para concienciar sobre os riscos da exclusión social e animar ao uso do transporte colectivo, exhibirase en breve en
Maximino Cid
Cambados. O documental explica todo o proceso de preparación e realización desta iniciativa que, por certo, obtivo varios premios a nivel nacional. PAT xuntou a dieciseis persoas que non se coñecían, procedentes de diversos colectivos en risco de exclusión social para dar vida aos
Jorge Coira
personaxes das pezas teatrais.
O 22 de febreiro, terá lugar a  presentación do traballo “Entre Paradas”, dirixido por Toño Chouza e producido por Jorge Coira e Maximino Cid Ferro, xefe da Policía Local de
Olga González Vilas
Cambados en excedencia. Entre os actores figuran a cambadesa Olga González Vilas, directora de Teatro Caracol.


Ningún comentario: