8 de feb. de 2014

UNHA PLACA CONMEMORA EN VIGO O DESTERRO DO CAMBADÉS DE ADOPCION, PLACIDO CASTRO

FOI DESTERRADO A CIDADE OLIVICA A RAIZ DO GOLPE DE ESTADO FRANQUISTA.
Un amigo cambadés que reside en Vigo fixonos chegar unhas fotos dunha placa de Placido Castro  na que di “Aquí
vivu desterrado…”. Quixemos saber porque poñia ese calificativo e a vez damos un repaso a vida deste ilustre cambadés de adopción.
Plácido Ramón Castro del Río, comunmente coñecido coma Plácido Castro, foi un escritor, xornalista e tradutor galego nado en Corcubión o 25 de xaneiro do 1902, e falecido en Cambados o 17 de xullo do 1967. Foi una
figura destacada do galeguismo de entreguerras, así coma un activo persoeiro da cultura galega na diáspora, durante a súa estadía no Reino Unido tras a Guerra Civil.
Primeira etapa no Reino Unido
Cando tiña seis anos os pais trasladáronse ao Reino Unido, e en 1911 estaban establecidos en Cardiff. O pai traballaba era empresario do carbón, e naquela altura Gales era unha das grandes rexións mineiras da illa. No Reino Unido proseguiu os seus estudos, primeiro en Cardiff e posteriormente na cidade de
Scarborough, onde estudou ata secundaria. Logo mudouse a Glasgow, onde permaneceu estudando Arquitectura naval na universidade desa cidade entre 1918 e1921. Tamén realizou estudos complementarios no Royal Technical College da mesma cidade. Nesa etapa universitaria comenzou a súa laboura tradutora. Esporadicamente visitaba Galicia, pasando
temporadas na vila de Cambados, na cal participou en actividades culturais.
Posteriormente asentou en Londres, desde onde, en 1927, comenzou a súa colaboración cos xornais El Pueblo Gallego e Informaciones, así coma en publicacións próximas ásIrmandades da Fala, como A Nosa Terra e Céltiga.
Volta a Galicia
No 1930 retorna a Galicia, e ao pouco empeza a colaborar coas Irmandades da Fala. En decembro de 1931 é membro
da Asemblea Fundacional do Partido Galeguista, sendo votado para o Consello Permanente. O seu peso no Partido Galeguista era tal que, na III Asemblea (1933) foi o membro que máis votos recibiu para as eleccións á executiva do partido, con 1.654 votos.
No ano 1933 participou coma representante de Galicia no IX Congreso de Nacionalidades Europeas celebrado en Berna, en onde se considerou a Galicia coma unha nación, o cal posteriormente serviu a Castelao para defender a condición de Galicia coma unha
nación.
A declaración institucional presentouse en galego e en inglés, e nela declarouse:
"O Partido Galeguista, partido nacional dos galegos, representado no parlamento español polos deputados Otero Pedraio, Castelao e Suárez Picallo, declara solemnemente (...) que conta con máis de dous millóns de almas e habita a totalidade do territorio de Galiza, é unha nación ben definida, que se diferencia claramente dos outros pobos que habitan España. A súa orixe, a súa
historia, o seu idioma, e os seus costumes xustifican esta diferenza dunha maneira absoluta".
No 1936, co levantamento militar contra a República, detivérono en Muxía e procesárono, resultando condenado a inhabilitación absoluta, desterro de máis de cen quilómetros de Muxía, e unha cuantiosa multa. A raíz diso, instalouse en Coruxo (Vigo), onde se adicou á tradución de poesía inglesa. En 1944 casou con Jesusa Piñeiro en Cambados, e do matrimonio naceron oito fillos.
Segunda etapa no Reino Unido
Debido á inhabilitación que pesaba sobre el e á ditadura, exiliase, primeiro en Portugal e finalmente de volta no Reino Unido, onde asenta de novo en Londres. Alí traballará durante seis anos como locutor-redactor da BBC, onde realizou o Galician Programme, a primeira emisión radiofónica estable en galego. Durante este periodo colaborou tamén con xornais como Jornal de Noticias de Porto, La Nación de Bós Aires e
Galicia Emigrante.
Volta definitiva a Galicia
Logo de que se levantara a inhabilitación que pesaba sobre el, volveu a Galicia, residindo en Cambados e traballando no Instituto Laboral de Vilagarcía, onde exerceu como profesor de inglés. Os xornais cos que colaborou nesta época foron o Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego e especialmente Faro de Vigo. Tamén participou activamente na promoción da Festa do albariño, na creación da Romaría Viquinga de Catoira en 1961, e do Ateneo Ullán.
A revista Grial publicou en 1963 a súa tradución de Os Rubáyaiát, de Omar Khayyam, verquida ao galego desde a versión inglesa de Edward Fitzgerald, e en 1967, xa a título póstumo, un ensaio sobre Yeats.
Recoñecemento
Logo de décadas de relativo esquecemento, a figura de Plácido Castro recobrou notoriedade sobre todo grazas á tarefa de recuperación levada a cabo por Xulio Ríos, analista doIGADI. A iniciativa desa institución, en 2001 foi creada a Fundación Plácido Castro,
ten coma obxectivos manter o legado de Castro e promocionar a tradución de libros ao galego.
En memoria da súa destacada faceta coma tradutor, instituíuse o Premio de Tradución Plácido Castro, que cada ano recoñece a mellor tradución á lingua galega publicada na Biblioteca Virtual BIVIR 
CAMBADOS ACOLLEU O 27 DE XANEIRO A XV CONFERENCIA ANUAL PLÁCIDO CASTRO 
Cambados acolleu o día 27 de xaneiro, a XV Conferencia Anual Plácido Castro que organiza cada ano a Fundación Plácido Castro coincidindo co natalicio deste autor -25 xaneiro-, secretario de relacións internacionais do Partido Galeguista, xornalista
Xosé Carlos López
e tradutor. 
En concreto, este ano realizouse unha primeira aproximación a unha faceta inédita da súa personalidade, abordando as contornas dunha obra pictórica na que se reflicte "a súa fascinación coa acuarela como recurso de captación da paisaxe" á vez que "se evidencia o seu coñecemento técnico deste medio de expresión plástico". 
A conferencia, tivo lugar no Pazo de Torrado, foi
desenvolvida por Xosé Carlos López Bernárdez, profesor de Lingua e Literatura Galega, licenciado en Xeografía e Historia e ensayista de temas literarios e artísticos. En anteriores edicións participaron Ramón Lugrís, Igor Ahedo, Fernando Pérez Barreiro, Valentín Arias ou Luís A. Pousa. 
A Fundación, creada en 2001, está formada polos concellos de Corcubión --onde naceu en 1902--, Vilagarcía de Arousa --onde traballou tralo seu
segundo regreso de Londrés-- e Cambados --onde morreu en 1967--, así como pola Asociación de Tradutores Galegos e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).

1 comentario:

Unknown dixo...


pois si que vos espallastedes co tema noraboa