24 de feb. de 2014

OS NOSOS POLITICOS ESTÁN TOLOS OU QUE.

TRES CAMPOS DE GOLF NO SALNÉS, UNHA TOLEMIA DIFICIL DE EXPLICAR.
UN EN PLENO FUNCIONAMENTO, OUTRO  ALEGAL E O ÚLTIMO POR FACER 
Está claro que o golf está considerado un deporte de élite, é un deporte moi costoso,  e para un nivel social acomodado. Nos non temos nada contra este deporte pero si protestamos cando se empregan cartos público para que “catro amigetes” presuman de "handicap" a nosa conta. 
O ano 2000, antes de explotar a crise a Xunta de Galicia do
Fraga inaugurando Meis
PP 
Invirte no Campo de Golf de Meis  máis de dous millóns de euros, só un politico con certo criterio descolgouse dese  “elitista” proxecto, foi o Alcalde de Pontevedra o amigo Lores, criticado duramnente dende radio Pontevedra , concretamente daquela por un periodista cun poder total, hoxe na rúa, un tal Eugenio
Louzán valedor do golf
Giraldez, que a poste veu a ser un dos previlexiados usuarios do Campo de Meis.
Este complexo deportivo foi posto en marcha polos concellos  de  Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo, Meis, Meaño, Ribadumia, Vilanova e empregando como xa dixemos cartos públicos.
O CAMPO DE GOLF DE RUBIÁNS EN ENTREDITO
Pero si parecia pouco un campo de gol veuse a crear outro nos limites de Vilagarcia e Caldas e tamén se empregaron
Politicos ceden os nosos cartos.
cartos públicos. In campo por certo alegal fois non ten os permisos pertinentes por un problema de herdanza, así o contaba o outro Diario de Arousa que podia haber danos

irreparables como   consecuencia do litixio pola herdanza de Pazo Rubiáns que enfronta a un dos herdeiros co resto da familia. A actividade das instalacións de Rubiáns nestes momentos é “mínima” e que
notaron que “moitos socios déronse de baixa por este motivo”. E é que a día de hoxe a firma funciona sen licenza de actividade que non poden conseguir ata que firme o herdeiro. Iso repercute en que as instalacións de golf situadas nos arredores de
Vilagarcía poidan ser pechadas dun momento a outro. E é que a Xunta de Galicia esixe a firma de todos os herdeiros para conceder o citado permiso. E nos pregutamnos como se invertiron cartos públicos neste campo sin ter todo “papeleo” controlado.
A CAMPO DE GOLF DA SIRADELLA
O Colectivo “Siradella sen golf” preguntáse: 
Un campo de golf… para que?
Para quedar sen auga no verán. Os campos de golf consomen inxentes cantidades de auga, máxime cando se instalan sobre chairas areosas como é o caso.
Para contaminar. Emprego de pesticidas e fertilizantes, “xenerosamente” compartidos con toda a veciñanza pro terra, mar e aire.
Para estragar a biodiversidade. Eliminando medios (dunas de alto valor) e especies que por outra banda queremos promocionar neste municipio (PIO, etc.).
Para rematar coa paisaxe. Desnaturalizando así paisaxes moi valoradas polos visitantes, e que son un dos mellores reclamos da vila.
A SGHN SÚMASE Á DEFENSA DA SIRADELLA
A Sociedade Galega de Historia
Natural (SGHN) ven de sumarse á defensa da Siradella e Feáns contra a ridícula pretensión de instalar un campo de golf nesta ubicación.
A SGHN  é unha respectada organización naturalista de ámbito galego con case 40 anos de percorrido, e que non precisa presentación no ámbito do estudo da nosa natureza.
O COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS REXEITA A PROPOSTA DE FEÁNS COMO UBICACIÓN PARA UN CAMPO DE GOLF
En relación coas  propostas de iniciativa privada de realizar un campo de golf en Feáns (O Grove), o Colectivo Ecoloxista do Salnés manifestou  a súa postura ao respecto:
O CES consideraba totalmente errado o emprazamento
proposto para instalar un campo de golf: as faldas do monte Feáns, dentro dun espazo natural protexido con diversas figuras de protección:
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) pola Unión Europea.
-Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) pola UE.
-Humidal de Importancia Internacional polo Convenio
Ramsar.
-Zona de Especial Protección dos Valores Naturais pola Consellería de Medio Ambiente. 
Ademais, a Xunta de Galicia inclúe este espazo dentro dos eu Inventario de Humidais Protexidos, estando polo tanto tamén incluído no Inventario Español do Patrimonio
Natural e da Biodiversidade. 
A implantación do campo de golf nesta ubicación causaría diversos impactos:
- Perda de vexetación autóctona, causando afección a un medio tan valioso e singular como a duna rampante que sube en dirección á Siradella, con plantas de grande valor biolóxico debido á súa
reducida área de distribución. 
- Alteración da topografía dunar. 
- Perda de hábitats de fauna autóctona protexida. A este respecto, cabe destacar que na zona proposta vive o sapo de esporóns (Pelobates cultripes), especie protexida e con distribución extremadamente reducida no territorio galego. 
- Impacto paisaxístico, afectando a unha das mellores vistas naturais das Rías Baixas (dende a Siradella), visitado por milleiros de turistas cada ano e un dos mellores reclamos do municipio. 
- Alteración severa do contorno por forte consumo de auga, e contaminación de aire, solo e augas por emprego de pesticidas. 
Deste xeito, a instalación de dito campo incumpliría a lexislación vixente:
- Lei 42/07 do patrimonio natural e da biodiversidade, que recolle como infracción (art. 76.a) “la utilización de productos químicos (...) que alteren las condiciones de los ecosistemas con daño para los valores contenidos” e (art. 76.g) “la alteración de las condiciones de un espacio protegido, o de los productos propios de él mediante ocupación, roturación, corta, arranque u otras acciones”. 
- O Decreto 127/08, que desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos de Galicia, prohíbe no seu artigo 8:
• (8.a) “a introdución de especies de flora e fauna non autóctonas”
• (8.b) “as actividades que directa ou indirectamente podan producir o desecamento ou a alteración hidrolóxica do humidal” 
• (8.c) “as actividades, verteduras sólidas e líquidas de calquera natureza que afecten de forma negativa, directa ou indirectamente á calidade das augas superficiais ou subterráneas, que alimentan e manteñen o funcionamento do humidal”.
• (8.e) “a alteración topográfica da zona periférica de protección do humedal protexido”, 
• (8.h) “a utilización de produtos praguicidas, funxicidas ou fitocidas que poidan afectar ao humidal...”
• (8.i) “as infraestruturas, en particular as viarias (...)”,
• (8.l) “calquera actividade deportiva ou recreativa non compatible coas funcións ou valores polos que se declarou espazo protexido”. 
O CES lémbralle ao goberno municipal que a potencialidade turística do municipio está baseada na conservación do medio ambiente. Constatamos que a xente que visita O Grove valora enormemente a paisaxe natural da Lanzada. 
Consideramos intolerable que se plantexe a posibilidade de empregar patrimonio natural común para montar un negocio privado para unha minoría, máxime cando na mesma provincia xa existe oferta de campos de golf sen que se constate un “despegue” económico nas súas áreas de influencia.
Confiamos no sentido común e o cumplimento da lei, en especial por parte da Consellería de Medio Ambiente, organismo responsable de velar pola conservación deste enclave. 
Deste xeito, o CES cre que se debería denegar a instalación desta infraestrutura. De non ser así, a Consellería estaría a incumplir a súa propia lexislación e a de ámbito estatal, motivando as accións legais oportunas ante as organismos pertinentes (incluídos os da Unión Europea).


Ningún comentario: