24 de feb. de 2014

OS SINDICATOS CIG E CCOO SOLICITANLLE O ALCALDE DE CAMBADOS PRESENTE UNHA MOCIÓN EN CONTRA DA PRIVATIZACIÓN DOS REXISTROS CÍVIS

E TAMÉN DA REDUCCIÓN DE XEITO BRUTAL DO NÚMERO DE PARTIDOS XUDICIAIS, QUE CONLEVARIA A ELIMINACION DOS XULGADOS EN CAMBADOS.
Este é carta que os sindicados lle derixiron a Aragunde: 
Dende o ano 2012 CIG  E CCOO levan  adiante unha
campaña de información, concienciación e mobilización contra o intento do goberno de España de PRIVATIZAR O SERVIZO PÚBLICO DO REXISTRO CIVIL e poñelo en mans dos Rexistradores da Propiedade e tamén de reducir de xeito brutal o número de partidos
xudiciais.
Ambas medidas están intrinsecamente vinculadas, xa que coa primeira pódense buscar argumentos para xustificar a segunda. Dende o seu punto de vista, tanto unha medida como a outra, repercutirán directamente sobre os concellos, especialmente os pequenos, e por ende, o que resulta máis
grave, sobre os cidadáns que residen nos mesmos.
 A privatización do Rexistro Civil terá as seguintes consecuencias:
- Beneficiará a unha minoría, aproximadamente 800 rexistradores da propiedade en todo o Estado, fronte a todos os cidadáns do
país. Non é necesario recordarlle que todos nacemos e morremos (feitos todos eles que teñen que ser recollidos nos Rexistros Civís). Van mellorar os rexistradores a prestación do servizo? NON, porque carecen da experiencia e da cualificación técnica que xa ten o persoal da Administración de Xustiza.
- Os rexistradores da propiedade cobrarán os seus honorarios mediante os correspondentes aranceis, a cargo dos cidadáns, nos que repercutirán os custes derivados da prestación do que ata o de agora viña sendo un servizo público que deixará de ser gratuíto.
- Reduciranse o número de rexistros civís en todo o Estado;
como moito haberá un por provincia.
- Os notarios asumirán a competencia da celebración do matrimonio civil, así como da tramitación do expediente previo e da escritura pública que será remitida ao Rexistrador  da Propiedade para a súa inscrición. Polo tanto, o matrimonio civil, competencia do
Xuíz ou Alcalde ata o momento, deixa de ser gratuíto. Ademais de privatizadora é unha reforma ideolóxica, xa que discrimina o matrimonio civil respecto ao relixioso.
- A privatización lévase a cabo, despois de que o Estado gastara nestes últimos anos máis de
128.000.000 de euros, dos nosos impostos, na modernización e informatización dos rexistros civís.
- Suporá a perda de máis de 3000 postos de traballo no Estado e de 240 en Galiza, traslados forzosos, amortizacións de persoal e o afastamento do servizo público dos cidadáns
- Haberá que pagar, entre 10 e 40€, polas certificacións que se expidan por: fe de vida, matrimonio, defunción, nacemento, tramites de adopción, duplicados dos libros de familia, etc. As certificacións anteriores son necesarias para o INEM,
últimas vontades, pensións contributivas ou non contributivas, declaración herdeiros, visados, nacionalidades,  colexios,  institutos,  trámites estranxeiría, garderías, demandas divorcio, matrimonios, parellas de feito, etc.
- Como vostede sabe, máis do 75% do traballo que se
realiza nos xulgados de Paz está relacionado coas funcións que realizan de rexistro civil. Se este servizo, actualmente público, é privatizado, o futuro dos xulgados de paz sería a desaparición.
A privatización do Rexistro Civil, medida que foi bloqueada
pola presión dos traballadores da Administración de Xustiza e polo apoio de moitos cidadáns no ano 2013, volve a estar na axenda do Goberno.
Redución de Partidos Xudiciais- 
Como xa diciamos antes, a privatización do rexistro civil é un primeiro paso na intención do goberno de reducir o
número de partidos xudiciais. A día hoxe, no informe presentado pola comisión de “sabios”, proponse a eliminación de todos os partidos xudiciais salvo nas capitais de provincia.
A privatización do Rexistro Civil unida a redución de
partidos xudiciais suporá:
- Un aforro económico a costa dos Dereitos Fundamentais dos cidadáns.
- A redución do investimento na Administración de Xustiza, servizo público que é pilar esencial do estado social e de benestar existente e co que se pretende acabar.
- Esta redución de Partidos Xudiciais que se pretende impoñer, unida á imposición a todos o  cidadáns de taxas
xudiciais para litigar,  é un ataque frontal á Tutela Xudicial Efectiva.
- Afastamento da Xustiza dos cidadáns-usuarios, pois o único límite que se marca é que o desprazamento dende os núcleos de poboación á cabeceira do partido xudicial non exceda de 1 hora, polo que, unido aos gastos que leva consigo, vai supoñer unha medida que amedrente aos cidadáns para acudir aos tribunais.
- Afectación na estrutura socio-político-económica das poboacións afectadas, pois na gran maioría dos Concellos cabeceira de partidos xudiciais constituídos actualmente se desenvolveron actividades económicas importantes, infraestructuras e inversións (comercios, hostalería, aparcadoiros en torno aos edificios xudiciais, gabinetes de avogados e procuradores,…)
- Afectación ao emprego público, pois provocará unha importante redución de cadros de persoal  na Administración de Xustiza e traslado xeográfico obrigatorio de traballadores e das súas familias.
Ante a gravidade do problema e a necesidade de actuar de maneira contundente e inmediata, solicitan poder ter unha reunión con toda a corporación para poder explicarlle, de primeira man, as repercusións que estas medidas terían sobre as vilas e, polo tanto, sobre os cidadáns, os que vostede representa, e así poder sumar esforzos entre todas as partes que se verán negativamente afectadas.
Con independencia desta reunión e, ante a rapidez dos acontecementos, solicitan do Pleno da Corporación unha moción de apoio a estas reivindicacións, así como a participación nas mobilizacións contra a privatización do Rexistro Civil e a redución dos partidos xudiciais. 

Ningún comentario: