PRESENTAN SINATURAS A LUIS ARAGUNDE PARA “QUE SE MOVA”.
O noso Alcalde Luis Aragunde preocupalle moito mais que
unha “cacicada da prensa en toda regla” deixa mal o nome de Cambados que ter o pobo patas arriba. Nunca tantos veciños se sublevaron en contra do Concello de Cambados. Hoxe mesmo veciños/as do Campo da Modia entregaron no concello o escrito da recollida de sinaturas relacionadas coa problemática dos anegamentos da súa rúa, onde piden ao alcalde, urxencia na solución do
seu problema.

Estes son tres grandes culpables das anegacións da Modia. |
Lembremos que durante 26 anos o goberno PP de Cambados permitiron obras presuntamente ilegais no Campo da Modia e o propio concello vincula as riadas da modia con obras feitas ilegalmente por algúns veciños (ISO SI, CO PINAL DE MAZA NON VINCULAS ESES ANGAMENTOS).
Luis di que a solución dos problemas do Campo da Modia pasa por construír unha rede paralela de canalización de augas pluviais, cunha lonxitude dun centenar de metros, e que é "unha intervención non exenta de dificultades técnicas", pero decia tamén que non habia
cartos para facer esa obra.
cartos para facer esa obra.
Decia Luis Aragunde ademais en medios de prensa que o problema dáse por unha serie de obras que se executaron ao longo do tempo, como muros de pechadura, pois se cre que taponaron ou desviaron arroios ou pequenos manantiais, e que a auga que antes ía cara ás leiras agora corre polas pistas.
Como permitiron dende o Concello que se taponaran ou desviaran arroios ou pequenos manantiais?
Acaso fixeron a vista gorda os nosos gobernantes nesta aluvión de obras presuntamente ilegais?.
Porque agora se lle bota a culpa aos veciños?
Para que estaban eles no equipo de goberno.
NON SERÁ QUE GRAN PARTE DO PROBLEMA SON AS OBRAS PRESUNTAMENTE ILEGAIS DO PINAL DE MAZA.
NON SERÁ QUE GRAN PARTE DO PROBLEMA SON AS OBRAS PRESUNTAMENTE ILEGAIS DO PINAL DE MAZA.
Ou quizais gran parte do problema procede dun pouco mais arriba, e dicir do Pinal de Maza que dende que o concello deixou obrar alí de xeito presuntamente ilegal, hai denuncia sobre o tema presentada polo BNG, cambiou regatos, camiños , etc e Aragunde non foi capaz de dicir nin “Muuuuu”. Cando chove, e o demostramos con fotografias que podedes ver mais
abaixo, podedes ver como baixan rios de auga procedentes do Pinal de Maza que terminan inundando gran parte da parroquia e mais concretamente o Campo da Modia. A prensa nunca quixo saber nada deste tema nin nunca se pronunciou sobre o mesmo, pois non en vano un dos que está no "allo" é o
propio delegado da Xunta Cores Touris e non vaiamos a perder publicidades institucionais. Sangrante, o unico que saben facer ben, certa prensa, e dilapidar a conduta de dous mozos gardas civís.

Os veciños quéixanse de que teñen transformada a súa rúa nunha canle permanente de auga salvo nos meses secos do verán. Que como consecuencia, gran parte dos días, teñen que saír á rúa con botas de auga e que nas súas vivendas penetra a humidade procedente da auga que corre do exterior e que a situación aínda se complica máis co paso dos coches que salpican as entradas das casas. Nalgunha das portas, incluso, teñen que poñer algunha barreira de protección para que a auga non penetre na vivenda. Curiosamente a rúa está perfectamente asfaltada pero carece dos sumidoiros necesarios para facela transitable para os peóns, e non semella complexo nin custoso darlle algún tipo de solución a esta problemática. Os veciños/as quéixanse, ademais, de que no concello as súas demandas non foron tidas en conta e que nin se lles presta a atención que merecen, como cidadáns que pagan os seus impostos, nin se lles da ningunha solución; é máis, a día de hoxe están a agardar a que persoal do concello se achegue á súa rúa para que entendan a súa problemática e poida ser solucionada, por iso precisamente presentan as suás queixas por escrito hoxe no concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario