10 de feb. de 2014

SON OS DOUS GARDAS CIVÍS DE CAMBADOS, DUAS VICTIMAS COLATEREIS DAS "DIFERENCIAS" ENTRE POLICIA E A GARDA CIVIL?

GALICIA CONFIDENCIAL  PREGUNTASE SE HAI PIQUES ENTRE OS DOUS CORPOS?
O periódico dixital GALICIA CONFIDENCIAL, ven de publicar no día de hoxe unha nova que non deixa de ser
"chamativa" e que si se chegara a confirmar seria preocupante a par que escándalosa.
GALICIA CONFIDENCIAL  afirma que a Udyco da Policía detivo a dous gardas civís sen informar aos seus mandos. Pouco despois era a Gardia Civil quen
Xefa Udico
detiña á inspectora xefe da Udyco encargada desa operación.
Hai tres semanas un espectacular operativo da Unidad de Drogas y Crimen Organizado -Udyco- da Policía detiña a unha parella da Garda Civil mentres realizaban un servizo de patrulla. Hai uns días era outro corpo especial da Garda
Civil, o Equipo de Delincuencia Organizada y Antidroga (EDOA), o que detiña á xefa da Udyco en Vigo e ao seu home, tamén policia.
En teoría, ningunha das dúas operacións están relacionadas, pero o
certo é que teñen causado un fondo malestar nos dous corpos policiais. Así, desde a Benemérita denuncian que o operativo coordinado pola inspectora xefa da Udyco de Vigo non lle foi comunicado aos seus mandos.
OPERACIÓN DE BUSCA DOS GARDAS
Os dous gardas civís foron detidos nunha espectacular
operación policial mentres estaban co seu veículo oficial nunha gasolinera. De feito, persoal desta estación de servizos chamou á propia Garda Civil para comunicar que secuestraran a unha parella da Benemérita. Os
mandos deste corpo iniciaron entón un protocolo de busca para dar cos seus axentes. Tiveron que agardar media hora ata que desde a Dirección Xeral da Policía se lle comunicou que estaban detidos dentro dun operativo antidroga. 
De feito, tal foi o barullo causado que a propia Asociación
Unificada da Garda Civil (AUGC), algo semellante ao sindicato que teñen na Benemérita, denunciou a fatal de previsión operativa por parte da Policía e mesmo dixo que esa acción puido rematar con tiroteos e mortes. (Isto non se refire os Gardas
Civis de Cambados). 
DETENCIÓN DE DOUS GARDAS CIVÍS
Pouco despois dese operativo, era a propia Unidade Central da Garda Civil quen detiña a dous membros deste corpo, un en Cambados e outro no Grove, pola súa vinculación cunha rede de
distribución e venda de drogas á que facilitaban información para eludir controis policiais. Era a continuación doutro operativo no que se detiveran a nove persoas, unha delas garda civil, por integrar un grupo adicado á venda e distribución de droga a pequena e mediana escala. 
Era a resposta da Garda Civil aos casos de corrupción interna. "Por duas espiñas malas que teña este corpo non significa que todo o corpo estea infectado", apunta un integrante da AUGC ao apuntar que estas "malas espiñas" teñen que ser extirpadas "na propia casa". Unha crítica indirecta á Policía por intervir nos casos internos da Benemérita.
(NOTA DA ADMINISTRACIÓN  DO BLOG: Ou non pode ser mais certo que os Gardas Civis de Cambados poideron ser detidos de maneira exemplar, pero resulta que a súa intervención nos feitos “está collida con fios”. Imos esperar acontecementos, pero nos seguimos apostando pola inocencia dos mesmos.)
DETIDA A INSPECTORA XEFA DA UDYCO
Hai uns días eran efectivos da EDOA os que detiñan a un axente da Policía Nacional no coche oficial cando, coa súa muller, levaba aos seus fillos ao colexio. A súa muller era, curiosamente, a inspectora xefa da Udyco que dirixira o operativo no que se detiveran a dous gardas civís uns días antes.
A detención foi ordenada polo Xulgado de Instrución número 1 de Vigo no marco da investigación da maior rede de falsificación do Mercado da Pedra de Vigo que revelou a suposta relación persoal da trama cos axentes da Policía Nacional. Á inspectora impútaselle un presunto delito de revelación de segredos e, ao seu marido, o mesmo presunto delito de revelación de segredos e estafa e falsidade a unha compañía de seguros.
Esta acción tamén causou malestar entre mandos policiais que relacionan os dous casos, aínda que desde a Garda Civil descartan esta versión e se insiste en que a investigación da EDOA sobre a inspectora xefa da Udyco comezara varios meses atrás.
De feito, apuntan que durante este operativo, os axentes do instituto armado deixaron que a inspectora se presentara voluntariamente na comandancia de Vigo. "Actuouse con discreción. Avisouse aos seus mandos antes do operativo. Todo o contrario do que eles fixeron cando detiveron aos dous compañeiros en Mos", din desde a Garda Civil.
NOVA RECOLLIDA DE GALICIA CONFIDENCIAL 
NOTA DA ADMINISTRACIÓN DO BLOG.- si resulta que os gardas cívis de Cambados foron detidos como medida exemplar e por piques entre os corpos, seria lamentabel. E por certo non é Galicia Confidencial o unico médio que denuncia estas difrencias e suspicacias entre os dous corpos, pois Atlántico Diario tamén o denunciaba no día de onte.
FOTOS RECOLLIDAS DE:
ABC
MINISTERIO DO INTERIOR
FARO DE VIGO
ATLANTICO DIARIO

Ningún comentario: